Mari Carmen Mella estivo en Ferreiravella

A outrora presentadora do programa Encontros estivo este sábado en Ferreiravella (Riotorto) como speaker e animadora doutro encontro de ferreiros (dous en menos dun mes) que se celebrou para de paso inaugurar a área recreativa.

A querida Mari Carmen Mella adicou unhas verbas para glorificar o alcalde de turno mentres o pobre Manolo Escobar agardaba pacientemente a que rematara o mítin. Dende logo Manolo Escobar foi o mellor da noite pero tamén actuaron Marcos Yunas que non teño nin idea de quen é e Son Pasión de Gavilanes que miñas pobres, tiñan os pantalóns rotos,… O certo é que carne houbo cantidá, máis ca nunha peli de Nacho Vidal. Co frio que ali facía!

Souben que a speaker era Mari Carmen Mella por duas cousas; unha foi polo cacique con coca que tiña na man e unha rápida asociación de ideas e outra polo acabado do pintor.

O certo que o festexo estaba a tope e aparcar era máis complicado que atopar a Bin Laden anque o fallo foi o tema do sonido xa que apenas se oía nada do playback na parte do fondo.E nada máis meus queridiños….

Technorati Tags: ,

2 Responses to “Mari Carmen Mella estivo en Ferreiravella”


  • Unha mágoa que non haxa probas fotográficas do discurso, porque iso de ver á Cacharra de pregoeira é de non crer ;)

  • Quedou o teléfono na casa senón habería fotos a mansalva. Para morbosos direi que está máis delgadiña ou tal vez sexa verdade que a televisión engorda…

Leave a Reply