Posteando dende bretoña sobre as cousas que non pasan
6 May
A outrora presentadora do programa Encontros estivo este sábado en Ferreiravella (Riotorto) como speaker e animadora doutro encontro de ferreiros (dous en menos dun mes) que se celebrou para de paso inaugurar a área recreativa.
A querida Mari Carmen Mella adicou unhas verbas para glorificar o alcalde de turno mentres o pobre Manolo Escobar agardaba pacientemente a que rematara o mítin. Dende logo Manolo Escobar foi o mellor da noite pero tamén actuaron Marcos Yunas que non teño nin idea de quen é e Son Pasión de Gavilanes que miñas pobres, tiñan os pantalóns rotos,… O certo é que carne houbo cantidá, máis ca nunha peli de Nacho Vidal. Co frio que ali facía!
Souben que a speaker era Mari Carmen Mella por duas cousas; unha foi polo cacique con coca que tiña na man e unha rápida asociación de ideas e outra polo acabado do pintor.
O certo que o festexo estaba a tope e aparcar era máis complicado que atopar a Bin Laden anque o fallo foi o tema do sonido xa que apenas se oía nada do playback na parte do fondo.E nada máis meus queridiños….
Technorati Tags: Ferreiravella, Mari Carmen Mella
Nacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.
Para contactar usa o seguinte email: seve [arroba] sevegacia [punto] net (prometo contestar en canto teña un minuto libre).
2 Respostas para "Mari Carmen Mella estivo en Ferreiravella"
Unha mágoa que non haxa probas fotográficas do discurso, porque iso de ver á Cacharra de pregoeira é de non crer
Quedou o teléfono na casa senón habería fotos a mansalva. Para morbosos direi que está máis delgadiña ou tal vez sexa verdade que a televisión engorda…
Algo que comentar?