Maseda Rugby Club

Para os que somos aficionados ó deporte o rugby conxuga unha beleza e dinamismo que moi poucos deportes teñen. Sen ser o meu deporte favorito (basket) confeso que o rugby se sitúa entre os tres que máis me gustan (basket, rugby, balonbolea). Cando un vello amigo dos tempos do Instituto de Meira me comentou que estaba nun equipo de rugby pouco tardei en pedirlle que me fixera socio.

O caso é que ese equipo é o Maseda Rugby Club de Muimenta e polo que me comentou recentemente ese amigo empezan a tempada o día 21 de outubro. Haberá que estar alí para animar e pasar unha tarde de sábado, se as circunstancias o permiten, entretida.

3 comentarios a “Maseda Rugby Club”

  1. Armando Diz:

    Empezamos sábado, pero como o contratista (ten moito traballo) non foi capaz de facernos os vestuarios, o primeiro partido que nos tocaba xogar na casa contra o VIGO R.C., tivemos que cambialo e xogamos na cidade olívica.
    Por certo, xa ascendemos, a federación galega non xuntou dabondos equipos para facer duas ligas territorriais e subironnos a Primeira. Imos xogar contra equipos superiores, pero é unha maneira de aprender. O primeiro partido que xogamos na casa (en Bazar) é o 11 de Novembro contra os Fendetestas de As Pontes. Alí te verei.

  2. Seve Diz:

    Apuntado está na axenda.

  3. Armando Diz:

    Dicen que é o mellor equipo da categoría, descendeu este ano de Primeira Nacional. Pegaronnos unha malleira de escándalo. Xogamos moi mal, placamos fatal o único algo decente que fixemos foi as melés, que ganamolas case todas por empuxe. Espero que nos valga para mellorar para o próximo partido, que xogamos co ZALAETA (www.rugbyzalaeta.com) na cidade herculina. Un clube que ten 24 anos de historia (contra 9 meses que temos nos) e que dicen que é o segundo mellor equipo da categoría. Xa che contarei.
    Un saudo.

Deixe un comentario