Para os que somos aficionados ó deporte o rugby conxuga unha beleza e dinamismo que moi poucos deportes teñen. Sen ser o meu deporte favorito (basket) confeso que o rugby se sitúa entre os tres que máis me gustan (basket, rugby, balonbolea). Cando un vello amigo dos tempos do Instituto de Meira me comentou que estaba nun equipo de rugby pouco tardei en pedirlle que me fixera socio.

O caso é que ese equipo é o Maseda Rugby Club de Muimenta e polo que me comentou recentemente ese amigo empezan a tempada o día 21 de outubro. Haberá que estar alí para animar e pasar unha tarde de sábado, se as circunstancias o permiten, entretida.