Menudo tapón te he puesto, nenaza
C
Na NBA parece que as cousas a groso modo seguén igual salvo polos Mavs que se confirman como unha franquicia en caída libre liderados por unha superestrela rodeado de xogadores en franca decadencia nuns casos e moi mediocres noutros. Tal vez sexa este o ano dos Lakers… Tamén está por ver o papel de xogadores como Rudy e sobre todo Calderón nun ano que tal vez pode ter papeletas para andar cerca do All Star se mantén o nivel que está a dar nestas primeiras xornadas. Como ven sendo habitual a diversión e os grandes equipos están na conferencia oeste. A ACB máis interesante dos últimos anos conta cun plantel de estrelas sobresaíndo entre todas elas Navarro. Haberá que ver se este é o ano de Rubio, probable nº 1 do draf dentro dun par de anos. Unha liga super reñida con cinco firmes aspirantes ao título; Tau, Barça, DKV, Madrid e Unicaja. A nova etapa de Aíto seguro que fará que o Unicaja dea un paso ao frente. O mellor entrenador europeo seguirá dando leccións maxistrais. Anque o Real Madrid empezou moi mal esta tempada seguro que estará pelexando nos playoffs. Ben é certo que ten peor equipo que nos últimos anos e quen fixo os fichaxes debería estar pegando selos en en vez de contratando xogadores. Na Euroliga teño serias dúbidas de que os equipos ACB poidan desbancar aos clásicos das últimas finais, pero, en todo caso, nesta ocasión parece que as cousas están máis igualadas cos movementos de xogadores habidos nos meses do verán e tal vez se poida meter algún na Final Four. Outra cousa será sair victorioso desa guerra de trincheiras e intereses económicos. «Menudo tapón te he puesto, nenaza» – Teletovic a Reyes Anque lle deron bastantes paos a Teletovic por provocar a Reyes no partido Tau – Real Madrid e que desembocou nun reparto de hostias camiño dos vestiarios (penoso), o certo é que me recordou aos clásicos xogadores plavi dos anos 80 capaces de facer perder os nervos ao máis pintado con tal de opter unha mínima ventaxa. Tema a parte son os zumbados que apedrearon o bus do Madrid, unha lacra que non se limita ao mundo do fútbol. I love this game







