Posteando dende bretoña sobre as cousas que non pasan
29 Oct
Hoxe chegoume o primeiro pedido que fixen a amazon. Nunca fixera un. Curioso. Xa era hora de probar.
En fin, que teño mercado en moitas tendas online pero curiosamente nunca o fixera na máis famosa de todas elas. Ata agora.
A principal razón para facelo foi por un lado prezo dos productos e por outro a posibilidade de adquirir libros que sería moi díficil por non dicir imposibel mercar en tendas convencionais ou en librarías online nacionais.
Amazon é xa de seu unha tenda onde os libros están moi baratos, pero a iso temos que sumar a deprezación do dolar fronte ao euro. Total, que os prezos son caralludos.
O proceso para mercar é similar a outras tendas online. Vótase en falta a posibilidade de pagar con Paypal.

A miña compra entra dentro do calificativo de geek: A biografía de Steve Wozniak (iWoz), Revolution in the Valley, Head First HTML with CSS & Xhtml e Beginning PHP and MySQL 5. Dous por pracer e dous por traballo.
Head First HTML with CSS & Xhtml é moi ameno e visual orientado para un público novato pero que pode ser un boa guía de consulta para xente que xa ten un coñecemento de html e css. Beginning PHP and MySQL 5 é un completisimo libro de case 1.000 páxinas para principiantes e iniciados sobre PHP e MySQL.
iWoz e Revolution in the Valley interesarán aos afeccionados a informática en xeral e os macpatizantes en particular.
Prezo
Sobre o prezo direi que polo que me costaron os catro libros aquí daría mercado como moito dous. Por exemplo, Beginning PHP and MySQL 5 custou $29.69 pero curiosamente impreso na contraportada marca $44.99. Aquí un libro destas características andaría polos 60€.
Prazos
O pedido foi formalizado o día 12 de outubro e chegou o día 29 de outubro.
Incidencias

Como única incidencia resaltar que o paquete que contiña os libros mollouse nunha esquina e que isto afectou lixeiramente a un dos libros. Afortunadamente viñan envoltos dentro dun plástico que evitou danos maiores. E imposible saber onde se mollou ou que servicio postal foi o responsable pero visto como tratan os paquetes tanto os servizos privados como o servizo de correos entra dentro das incidencias previsibles.
Os gastos de envío
$19.95 de gastos de envío e de empaquetado. Tendo en conta que ven dende Estados Unidos e que era un paquete bastante pesado está moi ben comparado co que cobran por estes lares por un envío nacional.
Technorati Tags: amazon
Nacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.
Para contactar usa o seguinte email: seve [arroba] sevegacia [punto] net (prometo contestar en canto teña un minuto libre).
Para falar conmigo usando GoogleTalk: ![]()
Para atoparme no Skype: seve_britonia
2 Respostas para "Mercando en amazon"
Eu levo moitos anos mercando en Amazon, e para min o mellor é o prazo de entrega. Os portes agora son máis caros que nunca (subiron o que cobran por cada elemento), pero co cambio dólar-euro non se nota tanto.
O que é unha vergoña é que un teña moitos máis problemas para mercar a través da Internet en tendas españolas que estranxeiras. A min os libros pedidos a tendas españolas téñenme tardado 1 mes, mentres que en Amazon a cousa anda entre as 2 e 3 semanas.
Se falamos de pedir DVD a cousa xa é surrealista (un pedido feito a El Corte Inglés en agosto do ano pasado chegoume en decembro).
Eu penso repetir. O prezos están moi ben e como dis o parzo de entrega é bastante aceptable. Por outra banda, a cantidad de referencias que ofrece amazon é inmensa.
Algo que comentar?