100% nada no baldeiro sideral
24 Nov
O Concello de Lugo apuntase a moda de fomentar a superstición e a charlatanería barata pactando coa Cadena SER (PSOE + PSOE; pacto eu comigo mesmo) a realización do programa Milenio 3 de Friker Jiménez (en ocasiones veo muertos: cuando firmo libros veo tontos).
Non contentos con isto, instalarán dúas pantallas xigantes para que todo o persoal lle poida ver o careto o tipo que analizou e presentou como certa a historia da eliminación dos arquivos da antiga URSS da información relativa ó cosmonauta ruso Iván Stochnikov desaparecido durante a misión Soyuz 2, deixando no aire que podía ser debido a unha abdución. Que gran "investigador". Vexan, vexan. Joan Fontcuberta inda se debe estar descojonando.
Para saber máis deste elemento: http://blogs.elcorreodigital.com/index.php/magonia?cat=412
http://www.circuloesceptico.org/Documentos/dossier/iker-jimenez.php
http://lalunarosa.com/hormiguero/2005/12/28/iker-jimenez/
http://charlatanes.blogspot.com/
Imperdible este comentario na nova onde se promociona este programa:
O programa Milenio 3 está presentado por Iker Jiménez e nel se promociona e publicita a riqueza popular, mitolóxica, cultural, histórica e tradicional das cidades ás que chega.
Sospeito que quen redactou esto non escoitou moitas veces este programa de radio; unha cousa é facer a pelota de forma descarada e outra é promocionar riqueza cultural e tal e tal.
Aborda, dende un punto de vista racional e analítico[ja,ja, me parto la caja], todo tipo de sucesos que habitualmente non atopan un lugar nos medios de comunicación convencionais, pero que interesan profundamente ao ser humano.
Este parrafo xa é a coña da Bernarda, cando estamos a falar dun tipo que presentou como auténticas unhas fotos retocadas con Photoshop e quedouse tan pancho.
Mellor faría o concello en promocionar a ciencia e a racionalidade en vez de dar cancha a vivos, embaucadores e demais morralla que pulula polo mundo paranormal. Pero claro, non lle vamos pedir a galiña que de leite.
Technorati Tags: fraude, iker jimenez, friker, lugo, milenio 3, fantasma, cadena ser
Nacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.
Para contactar usa o seguinte email: seve [arroba] sevegacia [punto] net (prometo contestar en canto teña un minuto libre).
3 Respostas para "Milenio 3 en Lugo"
Que vergonha, porfavor.
Pues si supierais la cantidad de admiradores, por no decir fieles seguidores que tiene el tío… Parece una secta, lo suyo. No hay más que ver los comentarios en el post de arriba:
http://lalunarosa.com/hormiguero/2005/12/28/iker-jimenez/
El tío no tiene un pelo de tonto, es muy sibilino, y siempre da a entender que él no se cree nada. Pero lo difunde, y lo llena de misterio. Jamás busca respuestas, sólo intrigar y confundir.
Joan Severance Movie…
I Googled for something completely different, but found your page…and have to say thanks. nice read….
Algo que comentar?