Modificacións da Lei da Función Pública de Galicia
Autor: Seve
21
Nov
Onte voteille por primeira vez unha ollada as modificacións da Lei da Función Pública de Galicia. Non tiña nin idea dos cambios que contiña salvo a referente ao controvertido tema de pasar a ser concurso-oposición “libre” (mira que son cínicos).
Foi a raiz deste cambio que deixei de malgastar o tempo en opositar (salvo algunha excepción) para adicar o meu tempo a cousas máis divertidas (SQL, php, pafetos,…). Por sorte ou desgraza, o feito de ter aprobado algún exame con boa nota e estar nos primeiros postos nas listas de sustitución nalgunha zona fai que cando menos teña que facer acto de presenza -e pago de taxas- no exame pertinente. Foi por iso que me deu por mirar as devanditas modificacións da Lei da Función Pública de Galicia.
Cousas interesantes que atopei:
- Os procesos selectivos respectarán, en todo caso, os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade e efectuaranse polo sistema de concurso-oposición “libre” .
- Esta lei será de aplicación supletoria ao persoal de administración e servizos das universidades galegas.
- A Consellería de Función Pública levará un rexistro público coas titulacións académicas e as remuneracións percibidas polo persoal eventual.
- Poderase nomear persoal funcionario interino sen adscrición a praza dotada orzamentariamente. [...] Os nomeamentos por esta causa non poderán superar o 20% do total de persoal funcionario do centro directivo, nin o 3% do persoal funcionario da Xunta de Galicia.
- Os concursos para a provisión de postos de persoal funcionario deberán ser convocados cunha periodicidade anual e serán resoltos en 6 meses, dende a publicación das listas definitivas. A Administración da Xunta de Galicia poderá adscribir as funcionarias e os funcionarios a postos de traballo en distinta unidade ou localidade, logo de solicitude baseada en motivos de saúde ou rehabilitación do funcionario ou da funcionaria…
- Soamente se poderán cubrir polo sistema de libre designación con convocatoria pública entre persoal funcionario os postos de traballo de subdirectora ou subdirector xeral, as secretarías de altos cargos así como aqueloutros de carácter directivo ou de especial responsabilidade para os cales, excepcionalmente, así se determine nas relacións de postos de traballo.
- Nas probas selectivas que se realicen para o acceso ás prazas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, terase que demostrar o coñecemento da lingua galega. [...] as bases das convocatorias establecerán que unha ou máis das probas do proceso selectivo se deberán realizar exclusivamente en língua galega…
- …terán especial consideración os casos de mobilidade xeográfica das funcionarias vítimas de violencia de xénero.
- A administración pública velará para que non haxa menoscabo no dereito á carreira profesional dos funcionarios públicos que fosen nomeados altos cargos,…
- A excedencia para o coidado de familiares pasa a ser de ata 3 años. [...] O posto de traballo reservaraselle cando menos dous anos.
- Establecese unha excedencia de 6 meses ampliable hasta un máximo de 18 meses para as funcionarias vítimas de violencia de xénero.
- A Administración pública galega establecerá sistemas que permitan a avaliación do desempeño dos seus empregados. Terase en conta o grado de satisfacción dos cidadáns respecto dos servizos que lles presten.
- Os permisos de maternidade, paternidade, … poderanse acumular ao período ordinario de vacacións.
- Concedese un permiso retribuido dun máximo de 30 días para os casos de accidente ou enfermidade moi grave do cónxuxe, familiares de primeiro grado, familiares conviventes e acollidos.
- Permiso de paternidade de 29 días ou de 35 en caso de nacemento, adopción ou acollemento múltiple.
- Aumentase ao 7% a cota de vacantes para ser cubertas por persoas con discapacidade
- O persoal que, con efectos anteriores ao 7 de outubro de 1996, tivese recoñecida a condición de indefinido na súa relación laboral por sentenza xudicial firme ou por resolución da Subsecretaría de Traballo e Asuntos Sociais do 24 de xullo de 1997 en virtude das previsións contidas no Plan de emprego do Inem terá os mesmos dereitos que o persoal laboral fixo.
Este persoal será obxecto de funcionarización mediante un procedemento selectivo que respecte os principios de igualdade, mérito e capacidade. O persoal que non participe ou que participando non supere o proceso de funcionarización conservará todos os seus dereitos como persoal laboral da Xunta de Galicia.
O proceso de funcionarización deberase iniciar no prazo máximo de doce meses a partir da entrada en vigor desta lei.
- No prazo máximo de doce meses desde a entrada en vigor desta lei, a Xunta de Galicia convocará as probas selectivas para a realización dun proceso de funcionarización do persoal laboral fixo que ocupe prazas que, pola natureza das súas funcións, deban ser ocupadas por persoal funcionario, logo da valoración, a clasificación e a determinación dos postos de traballo afectados, que será aprobada polo Consello da Xunta de Galicia.
- O persoal funcionario que ocupe postos que, antes da entrada en vigor desta lei, estivesen clasificados como de libre designación e que, posteriormente, deixen de ter esta forma de cobertura seguirá a ocupar os mesmos postos de traballo ata a provisión destes.
- A Comunidade Autónoma galega desenvolverá, por unha soa vez por praza, un proceso selectivo de carácter extraordinario para a substitución de emprego interino ou temporal por emprego fixo.
As disposicións transitorias non teñen desperdicio.
Technorati Tags: función pública, o gordo da primitiva, oposicións
12 Respostas para "Modificacións da Lei da Función Pública de Galicia"
[...] ELİF SavaÅ Felsen - Hüthüt KuÅu wrote an interesting post today!.Here’s a quick excerpt Onte voteille por primeira vez unha ollada as modificacións da Lei da Función Pública de Galicia. Non tiña nin idea dos cambios que contiña salvo a referente ao controvertido tema de pasar a ser concurso-oposición “libre” (mira que son cínicos). Foi a raiz deste cambio que deixei de malgastar o tempo en opositar (salvo algunha excepción) para adicar o meu tempo a cousas máis divertidas (SQL, php, pafetos,…). Por sorte ou desgraz [...]
Moi bó post, moi útil para os que estamos con oposicións e flipamos co barullo normativo no eido da F.P.
Graciñas.
Saúdos.
Grazas a ti polo comentario
Penso que o permiso de paternidade é de 15 días, ¿non?
Boas Xouba,
Pego textualmente da 13/2007:
Permiso por paternidade polo nacemento, acollemento
ou adopción dun fillo ou filla: terá unha duración
de vinte e nove días naturais, que gozará o pai
funcionario a partir da data de nacemento, da decisión
administrativa ou xudicial de acollemento ou da
resolución xudicial pola que se constitúa a adopción.
No caso de parto, acollemento ou adopción múltiple,
o permiso será de trinta e cinco días naturais.
Será para fomentar a natalidade
Tés razón. Estaba pensando no Estatuto Básico do Empregado Público. Gracias!
Sobre las oposiciones. Me presenté a unas oposiciones de analista informático y aprobé el primer exámen (de 70 presentados, 24 aprobados). El segundo como era práctico y realmente no se sabía que podía caer ya que el temario era bastante amplio, al no tener tiempo (estoy trabajando) lo preparé centrándome en algunos temas. Pero fue todo orientado a las herramientas “exactas” que luego me enteré que son las que utilizan en la usc. Se puede pensar que es normal. Bien, pues luego supe que una de las personas que concurrían a la oposición trabaja (y hasta da cursos) de dichas herramientas en una “empresa” de la propia universidad. No digo que no prefieran a alguien que ya conocen que a un desconocido pero ¿no resulta demasiado evidente centrar todo en una temática tan concreta? Non penso gastar nin un euro mais nas oposicións. O menos se queren coller a quen eles queran que non nos fagan perde-lo tempo e os cartos ó resto. O mellor son mal pensada, pero estou a esperar as notas finais para comproba-la miña sospeita.
Boas Ana,
Por desgraza, esa situación é bastante común tanto en universidades como nos organismos autónomos da Xunta:
http://www.google.com/search?client=safari&rls=es&q=endogamia+universidades&ie=UTF-8&oe=UTF-8
http://www.sevegarcia.net/anecdotario-o-la-estadistca-imposible
Hola Seve
aí che vai a última trangallada dos da Xunta actual, vivir para crer.
Sáudos.
http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=5&idEdicion=771&idNoticia=256261
En fin, nada novo baixo o sol. Gracias polo enlace.
Muchas gracias por publicar esto. yo me baje la ley vieja de internet y me la estaba estudiando. ahora ya estoy mirando las modificaciones, pero si no llego a mirar tu blog ni me doi cuenta.
Gracias a ti. Moita sorte!
Algo que comentar?