Resulta que teño un telefono móbil con estes señores de Movistar, filial da Timo. Por certos motivos, falla de cobertura principalmente decido pasarme a Vodafone facendo unha portabilidade e de paso pasando de tarxeta a contrato.

A través da tenda online de Vodafone píllome un móbil guapo, guapo, que recibo nun par de días na miña casa. Agora so me toca agardar a portabilidade.

O cabo duns días recibo unha mensaxe de que a miña portabilidade esta denegada, parece que ese numeriño longo que teño que dar está mal. Téntoo por segunda vez, tamén denegada. En Movistar dinme que o carallo do número está mal cando eu estou certo que llo din correctamente a xente de Vodafone. Chamo a Vodafone, confirmo o número co rapaz que me atende: todo correcto. O rapaz pregúntame:

-Ten vostede menos de seis euros na súa tarxeta?
-Si –resposto. O certo e que tiña menos dun euro precisamente para esgotar todo o crédito da tarxeta antes de cambiarme.
-Movistar anque nunca llo recoñecerá denégalle a portabilidade por ese motivo. Procure ter na súa tarxeta cando menos cinco ou seis euros.
-Non me fodas, ¿de verdade?

Efectivamente, unha vez lle pagas a Movistar o imposto revolucionario a portabilidade aceptada. Sinceramente, tanto falar dos criminais dos países do este cando temos a algunha empresa española coma Movistar que parece a representación moderna dos salteadores de camiños.

Descoñezo se esta práctica é común noutras compañías, en Amena cando fun cliente desde logo que non, pero teño claro que Movistar: NUNCA MÁIS!