Posteando dende bretoña sobre as cousas que non pasan
21 Mar
Como dixo alguén “Xogar o baloncesto é unha pasada; gañar xa debe de ser a ostia”.
De verdade que un desfruta como un neno vendo ós dous grandes favoritos para converterse no MVP desta temporada na NBA; o alemán Dirk Nowitzki e o canadiano Steve Nash. Dous xogadores que xa non se estilan no baloncesto actual onde priman os chupóns estilo “quero ser Michael Jordan” LeBron James ou “me lo tiro todo, todo, todo y todo” Kobe Bryant. ¿Cántos aneis gañou Kobe dende que marchou Shaq?
O partido que enfrontou a Dallas contra Phoenix de fai uns días foi probablemente o mellor partido de baloncesto dos últimos catro ou cinco anos na NBA. Un non se pode explicar o que lle pasou a Mark Cuban pola cabeza cando deixou marchar a Steve Nash, o mellor base da liga, deixando a Nowitzki sen o seu mellor socio na cancha.
Web da Fundación Dirk Nowitzki
Web da Fundación Steve Nash
Technorati Tags: Dirk Nowitzki, NBA, Steve Nash
Nacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.
Para contactar usa o seguinte email: seve [arroba] sevegacia [punto] net (prometo contestar en canto teña un minuto libre).
Algo que comentar?