… todo o que me pasa pola cabeza. Moitas veces atópome tan saturado que son incapaz de fiar nada coherente. Teño que votar fora de min todo o que a miña mente crea. A única forma que atopei e escribindo sen parar. Sen mirar as faltas de ortografía, sen mirar concordancias, vulgarismos, gramática. É coma votar a pota despois dunha borracheira feroz. Por un pequeno espazo de tempo quedo completamente en branco. Non penso en nada, é unha sensación extrana e agradable. Unha liberación interior. Por desgraza os efectos non son permanentes.

Necesito vomitar todas as ideas que asolan a miña cabeza unha vez o día. É coma calquera outra adicción, salvo polo feito de que esta non ten efectos secundarios perniciosos.

Ter unha mente machacona distraéndote con preocupacións é a peor das torturas inimaxinables. Prefiro mil veces unha dor de moas. É coma se un diaño se firexa cos mandos da túa cabeza e che empezara a mostrar todo aquelo que non queres ver: traumas do pasado, preocupacións do futuro, inquedanzas, erros, … A miña mente é experta na creación de desastres. Polas noites tento de combatela enchendo centos de follas en branco con frases inconexas que unhas detrás de outras forman diálogos co meu eu interno.

Desgraciadamente,  visto como está o mundo, hai milleiros de mentes torturadas , e o peor de todo é que moitas delas son propiedade de tipos con poder… poder para cagala, … claro.