… cada vez que vexo un alégrome de ter comprado as botas de alpinista con cravos. Menudas bestas. Deberían esixir un carnet para poder procrear igual que o de conducir. Onde vai parar! Un coche é moito menos perigoso que calquera infante actual. Veñen sorrindo cara ti e non sabes se o fillo de puta ven para darche un caramelo ou para tirarche un petardo. Despois quéreslle dar unha hostia o cabroncete, pero anano sabe o Código Civil completo e sabe que come lle toques un pelo crucifícante na praza do pobo por pederasta, pro etarra, amigo de Bush, … co cal o mocoso remata de vacilarte dicindo “E moito ollo con chibarte que llo digo a papá que é amigo do alcalde, do sarxento da garda civil e de Bin Laden”. O mozalvete marcha apuntando no seu diario a travesura do día e ti rematas con morriña de grandes tipos da historia como e rei Herodes. Herodes non era malo o que pasa e que estaba hasta os putos collóns de aguantar os niñatos veciños. Herodes era o puto amo.