Vivenda DignaDespois de ver un espacioso piso de 17 m2 con tódolos servizos (chan, paredes, chave da luz opcional) creo que o próximo filón da industria do tim… esto, da industria da construcción e promoción inmobiliaria son estes bonitos chales adosados para a xuventude. Como podemos ver é amplo, con porta de serie, aire acondicionado cando fai frío e calefacción polo verán. Xa podo ver grandes urbanizacións nas áreas suburbanas das principais cidades de Galiza con estas fermosas casas de campo para uso é disfrute xa non soio dos novos senón das familias galegas.

Agora en serio, esta caseta de can ten unha garantía de 20 anos, é dicir, ten máis garantía que calquera casa que merques.

Cando ós 5 anos de mercares o teu piso estea cheo de gretas e ameace con virse a baixo gracias a calidade dos materias empregados e o constructor che diga que é normal, que iso é cousa da xunta da trócola ou dos tremores en Triacastela ó chalé do can aínda lle quedarán 15 años de garantía.