Posteando dende bretoña sobre as cousas que non pasan
4 Jun
A luz cégame os ollos,
estou diante da ventá.
O corvo mírame dende a árbore,
transmutase nun home.
Viste de negro e ten ollos vermellos,
mírame e rise,
salta cara min.
Sei o que ese home quere,
quere a miña alma,
para entregarlla ó seu amo.
O sangue mancha o chan.
Nacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.
Para contactar usa o seguinte email: seve [arroba] sevegacia [punto] net (prometo contestar en canto teña un minuto libre).
Algo que comentar?