O crime de Santa Cruz do Valadouro
O libro «O crime de Santa Cruz do Valadouro» obra de Miguel Vila Pernas e publicado pola editorial Edicións do Castro narra os feitos acontecidos o día 22 de novembro de 1888 cando, co ánimo de roubar, seis veciños da parroquia de Bretoña asasinan ao cura Manuel Neira Murado e os seus criados -tamén oriúndos de Bretoña- afogándoos, meténdolles trapos na gorxa e usando uns fungueiros para golpealos para obter un botín de 970 pesetas ao non atopar o resto dos cartos que o cura gardaba na casa.
O libro relata a fascinante historia do crime e o posterior xuízo e axustizamento de Manuel Luxilde. Tamén de da conta dos intentos de salvar a vida dos autores do crime de Santa Cruz que teñen éxito en tódolos casos salvo no referido anteriormente.
O libro non é só un relato do crime senón unha ventá a sociedade da época. Unha obra costumista dunha época a vez recente e afastada. Un retrato indirecto da parroquia de Bretoña, do sistema xudicial e da situación social na Galiza rural da segunda metade do século XIX. Vemos o impacto social e periodístico que causa o crime con frecuentes referencias ao publicado polos xornais da época -principalmente o Faro de Vigo e La Voz de Galicia-.

De esquerda a dereita; Xosé García, Ramón Seivane, Manuel Luxilde, Xosé Lindín, Antonio Fernández e Ramón Seco
Un dos capítulos incorpora a sentencia ditada o 1 de abril 1889 onde se condena aos seis procesados a pena de morte mediante garrote vil. Tamén é moi interesante ver a forte oposición que xa suscitaba na época pena de morte.
Un libro fundamental para comprender uns feitos que -como relata o libro- foron coincidentes coas asasinatos perpetrados por Jack «O Destripador» na Inglaterra vitoriana. Conten tamén un anexo interesante chamado Relación de protagonistas que da datos de persoas relacionadas directa ou indirectamente co caso (imputados, avogados, testemuñas,…).








