O espiritu do Nadal

U

Millóns de persoas votanse a rúa cheos de espiritu navideño dispostos a queimar a súa VISA en compras ridículas que rematan nos faiados das casas pasados uns días. Un «El Dorado» anual para tendas e centros comerciais. Mentres, noutras partes do mundo, millóns de persoas morren de fame ou malviven con menos dun euro ao día.

Ese bonito balón de fútbol polo que pagamos 50 euros foi feito por un meniño paquistaní de 9 anos que cobra 50 euros ao mes traballando en xornadas de 15 horas diarias para a multinacional americana. Esa mesma que lle paga varias dúcias de millóns de dólares anuais a un fulano por darlle patadas a un balón feito por ese neno.

Este «estatus quo» que permite que o 25% da xente teña de todo e o 75% da xente non teña de nada é necesario mantelo cunha serie de políticas que son dictaminadas por as mega corporacións e lobbies económicos que controlan os destinos dos governos. Entre elas están: que as potencias occidentais apoien as governos corruptos nos paises pobres a cambio de ter barra libre para roubar os seus recursos naturais; dedicir que novos paises poden existir e cales non; escoller o proximo país a atacar para roubarlle o petróleo; crear un inimigo real ou ficticio co que atemorizar as masas dóciles…

Dentro duns días Papa Noel chegará chego de regalos para grandes e cativos, milleiros de fermosos animais de compañia serán regalados no Nadal; milleiros de fermosos animais de compañia serán abandoados no vran. Igual que o ano pasado, igual que o ano próximo.

Outro fermoso Nadal para que os mesmos do ano pasado poidan facer a mesma obstentación e que farán o ano que ben.

Agora que o cambio climático deixou de ser unha fumada de hippies e ecoloxistas, e os gobernos empezan a darnos leccións de como gastar menos enerxía, que bonito é ver as luces de Nadal en tódalas cidades do primeiro mundo alumeando a todo meter. Serán lámparas de baixo consumo?

Feliz Centro Comercial e prosperas rebaixas de xaneiro!

1 Comentario

  1. Vitor
    Xan 14, 2010

    Quédanos o espíritu emerxente do apalpador. Home sinxelo da montaña que reparte castañas asadas e caricias entre os nenos. Reparte compaña e cariño que é a carencia máis grande que sufren os nenos e nenas de hoxe, unha carencia que se quere remendar con agasallos materiais de vida efímera. Moi boa reflexión.