Posteando dende bretoña sobre as cousas que non pasan
26 Jun
O bo de tocar fondo é que xa non te podes afundir máis na merda. Falso! Cando pensas que nada peor che pode acontecer. Zas! Levas un topetazo que che recorda que segues en caída libre. Que segues a ser socio honorario do clube dos perdedores e que segues a pertencer a ese 90% que vive por debaixo da merda e que a conforma. Pero, alégrate. Ti polo menos sabes onde estás non coma o cento de pailáns (sexan ou non da Terra Cha) que están escravizados para máis gloria do capitalismo e nin sequera son conscientes delo, porque pensan que por poderse mercar un coche a prazos ou porque aínda son capaces de pagar a hipoteca pensan que son prósperos burgueses.
Nos sabemos a verdade: somos uns putos escravos. Do sistema, dos políticos, dos bancos, dos mafiosos da construcción, dos directivos agresivos das grandes compañías, da nosa propia ignorancia, das nosas autolimitacións, do medo, do futuro e do pasado. Ser conscientes delo non nos fai máis felices, todo o contrario, termínanos sendo tipos cínicos, malhumorados que vemos cada día como unha conta atrás para a nosa mudanza ó nicho familiar. Tal como vai a cousa o nicho familiar teránolo embargado o banco para facer fronte ós pagos da hipoteca do amplo piso de 20m2 que mercamos pensado que o poderíamos pagar a 50 anos. Eu son partidario da incineración. E un acto de provocación, de protesta e incendiario. Unha das poucas formas de ser realmente incendiario. Probablemente a única forma de protestar despois de morto.
Cando estás na merda, afogando. Todos che dín: "Tranquilo, as cousas sempre tenden a ir a mellor". Efectivamente as cousas sempre tenden a ir a mellor para os que teñen a tixola polo mango, os demais, seguimos queimandonos nos fogóns. Estar na merda é o estado natural da humanidade, a merda é que permite ós que aboian sobre ela ter un chalé en Sanxenxo e un BMW de importación. Todo é gracias ó poder creador da merda. Ser merda non hai, nin chalé nin BMW.
Nacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.
Para contactar usa o seguinte email: seve [arroba] sevegarcia [punto] net (prometo contestar en canto teña un minuto libre).
Para falar conmigo usando GoogleTalk: ![]()
Para atoparme no Skype: seve_britonia
Algo que comentar?