O fracaso do carné por puntos

Se algo se constatou este verán foi o claro fracaso do famoso carné por puntos que tantas expectativas levantara. Non foi mala idea, nen moito menos, pero querer solucionar tódolos problemas de tráfico co devandito carné é como querer que che toque a lotaría sen xogar.

O carné por puntos sendo unha gran forma de atallar parte das cafradas ó volante, responsables de unha boa porcentaxe dos acidentes nas nosas estradas, serviu só para que aparecera en escena un lucrativo negocio tanto para académias, o estado e os propios condutores que venden parte dos seus puntos a outros conductores con total impunidade.

O governo, a falta de ideas máis imaxinativas, sempre resolve os problemas criminalizando ós cidadáns en vez de tomar en serio o asunto dos acidentes de tráfico e poñer solucións e non parches como é o habitual.

A parte dos propios condutores hai outros culpábeis no peliagudo asunto da sinistralidade viaria que se saen de rositas:

// Infraestructuras vergoñentas

O estado da maioría das estradas do país é absolutamente lamentábel. Propio de países do terceiro mundo. De cando en cando o estado saca o caramelo dunha nova autoestrada para dar a ver que se melloran as infraestructuras pero estradas nacionais e locais que soportan unha gran densidade tráfico e nas que acontecen a maioría dos acidentes, están nun estado de abandono absoluto. Como moito son parcheadas cun pouco de alcatrán cando se achegan a eleccións de turno.

// As marcas de coches

A tendencia das marcas e captar compradores, sobre todo xente nova, ofrecendo módelos de coches cada vez máis deportivos e potentes. Que sentido ten un coche utilitario con 200 cabalos? Non hay marca que non teña unha motorización, como mínimo, de carácter racing ou deportivo en cada modelo da súa gama. Alguén lle tiña que explicar ós fabricantes de coches que as estradas non son circuitos de carreiras. O governos, que serían os encargados de regular estas cousas, miran cara outro lado para poder seguir recadando impostos suculentos proporcionados por este tipo de vehículos.

//A Publicidade

A publicidade tanto das propias marcas de coches como as de outros produtos fomentan unha visión dos coches como un instrumento co que fardar ó toma-lo como instrumento de estatus. É fácil enganar a xente. Cantas veces escoitei:

-Ese coche é unha merda, só ten 100CV.

Nunha sociedade ultramaterialista que se rexe por canóns impostos pola indústria e o comercio fomentase directa ou subliminalmente o feito que canto máis potente, canto máis corra, canto máis racing sexa: mellor. Afortunadamente as mulleres neste ámbito soen ter algo máis de sentido común cos homes.

// Os encargados de velar pola seguridade vial non predican co exemplo

Como lle vamos pedir a xente que non beba ou que respete os límites de velocidade se as autoridades que en teoría velan pola nosa seguridade non o fan:

Non fai moitos días fun adiantado por dúas motos da Garda Civil de Tráfico xusto antes de entrar nunha zona limitada a 50 Km/h: eu reducín miña velocidade; eles non.


Sobre esta entrada