Posteando dende bretoña sobre as cousas que non pasan
14 Sep
Se algo se constatou este verán foi o claro fracaso do famoso carné por puntos que tantas expectativas levantara. Non foi mala idea, nen moito menos, pero querer solucionar tódolos problemas de tráfico co devandito carné é como querer que che toque a lotaría sen xogar.
O carné por puntos sendo unha gran forma de atallar parte das cafradas ó volante, responsables de unha boa porcentaxe dos acidentes nas nosas estradas, serviu só para que aparecera en escena un lucrativo negocio tanto para académias, o estado e os propios condutores que venden parte dos seus puntos a outros conductores con total impunidade.
O governo, a falta de ideas máis imaxinativas, sempre resolve os problemas criminalizando ós cidadáns en vez de tomar en serio o asunto dos acidentes de tráfico e poñer solucións e non parches como é o habitual.
A parte dos propios condutores hai outros culpábeis no peliagudo asunto da sinistralidade viaria que se saen de rositas:
// Infraestructuras vergoñentas
O estado da maioría das estradas do país é absolutamente lamentábel. Propio de países do terceiro mundo. De cando en cando o estado saca o caramelo dunha nova autoestrada para dar a ver que se melloran as infraestructuras pero estradas nacionais e locais que soportan unha gran densidade tráfico e nas que acontecen a maioría dos acidentes, están nun estado de abandono absoluto. Como moito son parcheadas cun pouco de alcatrán cando se achegan a eleccións de turno.
// As marcas de coches
A tendencia das marcas e captar compradores, sobre todo xente nova, ofrecendo módelos de coches cada vez máis deportivos e potentes. Que sentido ten un coche utilitario con 200 cabalos? Non hay marca que non teña unha motorización, como mínimo, de carácter racing ou deportivo en cada modelo da súa gama. Alguén lle tiña que explicar ós fabricantes de coches que as estradas non son circuitos de carreiras. O governos, que serían os encargados de regular estas cousas, miran cara outro lado para poder seguir recadando impostos suculentos proporcionados por este tipo de vehículos.
//A Publicidade
A publicidade tanto das propias marcas de coches como as de outros produtos fomentan unha visión dos coches como un instrumento co que fardar ó toma-lo como instrumento de estatus. É fácil enganar a xente. Cantas veces escoitei:
-Ese coche é unha merda, só ten 100CV.
Nunha sociedade ultramaterialista que se rexe por canóns impostos pola indústria e o comercio fomentase directa ou subliminalmente o feito que canto máis potente, canto máis corra, canto máis racing sexa: mellor. Afortunadamente as mulleres neste ámbito soen ter algo máis de sentido común cos homes.
// Os encargados de velar pola seguridade vial non predican co exemplo
Como lle vamos pedir a xente que non beba ou que respete os límites de velocidade se as autoridades que en teoría velan pola nosa seguridade non o fan:
Non fai moitos días fun adiantado por dúas motos da Garda Civil de Tráfico xusto antes de entrar nunha zona limitada a 50 Km/h: eu reducín miña velocidade; eles non.
Nacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.
Para contactar usa o seguinte email: seve [arroba] sevegacia [punto] net (prometo contestar en canto teña un minuto libre).
3 Respostas para "O fracaso do carné por puntos"
Seve, concordo contigo en varios dos argumentos que expós, pero coido que o fracaso dos puntos estivo en que non se aplicaron. Non sei de ninguén a quen lle quitaron o carné aínda, e teño entendido que non llo quitaron a ninguén ou case a ninguén por toda a leria dos recursos ás multas.
O detalle da demora na expedición das multas tamén é a hostia: ¡¿de qué serve que recibas a multa 2 meses despois de cometer unha infracción?! Non me parece tan difícil artellar un sistema no que paren o teu coche cando te pilla o radar: ¡así seguro que aprendes a lección!
Sobre as marcas igual non coincidimos tanto, pois no resto de Europa teñen menos mortes nas estradas en boa medida por ter un parque de automóbiles moito mellor. Está claro que uns coches son moito máis seguros que outros, aínda que non gusto nada da política ocultista na que non dan as estatísticas de accidentes por marcas e modelos de coche.
Iso si, sobre o último que comentas da Garda Civil, coido que teriamos que comezar a imitar as campañas de denuncia que hai en EE.UU. e subir á Rede fotografías e vídeos demostrando que os axentes da lei non a cumpren (coches de policía aparcados en pasos de cebra e cousas polo estilo).
Tes razón no que dis. Sobre o das marcas apunto máis ó tema de que fomentan unha imaxe de que as estradas son pistas de competición; “Autoemoción” e esas cousas.
Hola Seve. Aquí pasando o Domingo, mañá hai que voltar ó choio. A ver, non estou de acordo en dous puntos. Por unha banda o carnet por pountos sí tivo unha utilidade. En Setembro deste ano (agora) hay 500 mortos menos que no Setembro de 2006.
En segundo lugar, nunca tivemos mellores estradas neste país, nin tampouco mellores coches. Pero a xente -e dimo a min que ando na estrada adiario desde fai 11 anos- non ten nin pajolera idea de conducir, o 95% longo pensa que conducir é simplemente meter marchas, acelerar e darlle ó voante… e así nos vai. Os intermitentes están para aparcar en dobre fila, e as sinais de STOP son un ceda-el-paso no mellor dos casos. Das liñas continuas mellor nin falo. Se houbera máis educación vial (desde a escola) e a autoescolas deran unha formación máis completa e exhaustiva (a que dan é de coña) unido a unha maior concienciación da cidadanía… pois algo cambiaría. Pero en fin, neste país é así, pasamos do 600 ó BMW demasiado axiña e… ancha é Castela.
E logo está a responsabilidade, que é nula. Aquí todo deus reclama os seus dereitos, esos que ninguén llos toque. Pero os deberes de cada un… ¡ese é outro conto ben distinto!.
O que é triste é que lle digas a alguén que non corra porque se vai a matar e faga caso omiso, pero se o ameazas con quitarlle os puntos o tome en serio.
E por certo, casos coma os que temos visto na tv de xente que vai sen carné, sen seguro, bébedo coma unha barrica e (nalgúns casos) polo carril contrario dunha autovía, que en moitos casos son reincidentes, a eses non hai que metelos no cárcere, a propia GC tiña que darlles un tiro no mesmo sitio onde os paren.
Pero en fin, xa o arranxarán. Eu o único que pido é non atoparme de fronte co típico niñato ó que papá lle mercou a clásica caixa de mistos con 190 CV… e do resto que se vaian amañando.
En fin, mañá vémonos no currelo… un saudete…
Algo que comentar?