O gran saludador
Un ten certas costumes, raras, nos tempos que corren, abofé. Por exemplo, dicir “hola”, “adeus” ou “bos días” cando me atopo con alguén que coñezo anque non sexa un amigo. O nene, ten certa educación, de algo tiña que servir repetir curso.
Esta fermosa costume de saudar a xente, mellor se son mozas e de bo ver, parece que está en franca recesión. Sobre todo con certos elementos.
Poñamos por caso que acudimos a certo acto social e por eses imponderables do destino acabamos cerca dun coñecido dos prehistóricos tempos de estudiante de instituto. Nin sequera un amigo, tan só un coñecido dos pasillos e dos lates.
Un, que coñece as normas de protocolo, intenta cruzar unha mirada que confirme que se trata do suxeito en cuestión. Non é tampouco cousa saudar a un completo descoñecido polo mero feito de que se nos asemella a un elemento do noso pasado. Por desgraza, as miradas non coinciden por esas casualidades da vida e da probabilidade estatística.
Coa certeza absoluta de saber que se trata de quen pensamos, atrevémonos por corteses e cabaleiros con un inocente “Qué hai Menganito?”.
Por resposta non optemos nin unha mirada nin un “ben gracias”; somentes simple indiferencia. Neste punto o suxeito en cuestión ou ben fai como que non nos viu ou ben está cego e xordo coma unha tapia.
Claro está, quedas con un palmo de narices e certa cara de parvo sen saber ben o que facer. O final reláxaste e baste coa música a outra parte pensado “será capullo!”.
Estas situacións tenden a darse con certo tipo de persoas cuns carácteres similares. O pijo da escola, a crida de torno, a ex demasiado boa para os teus ollos, … Por sorte, outros seguen a ser igual de marabillosos/as que antes facéndoche sentirte afortunado cada vez que te encontras con eles aínda que pasaran dez anos ser vervos.