Un ten certas costumes, raras, nos tempos que corren, abofé. Por exemplo, dicir “hola”, “adeus” ou “bos días” cando me atopo con alguén que coñezo anque non sexa un amigo. O nene, ten certa educación, de algo tiña que servir repetir curso.

Esta fermosa costume de saudar a xente, mellor se son mozas e de bo ver, parece que está en franca recesión. Sobre todo con certos elementos.

Poñamos por caso que acudimos a certo acto social e por eses imponderables do destino acabamos cerca dun coñecido dos prehistóricos tempos de estudiante de instituto. Nin sequera un amigo, tan só un coñecido dos pasillos e dos lates.

Un, que coñece as normas de protocolo, intenta cruzar unha mirada que confirme que se trata do suxeito en cuestión. Non é tampouco cousa saudar a un completo descoñecido polo mero feito de que se nos asemella a un elemento do noso pasado. Por desgraza, as miradas non coinciden por esas casualidades da vida e da probabilidade estatística.

Coa certeza absoluta de saber que se trata de quen pensamos, atrevémonos por corteses e cabaleiros con un inocente “Qué hai Menganito?”. :( Por resposta non optemos nin unha mirada nin un “ben gracias”; somentes simple indiferencia. Neste punto o suxeito en cuestión ou ben fai como que non nos viu ou ben está cego e xordo coma unha tapia.

Claro está, quedas con un palmo de narices e certa cara de parvo sen saber ben o que facer. O final reláxaste e baste coa música a outra parte pensado “será capullo!”.

Estas situacións tenden a darse con certo tipo de persoas cuns carácteres similares. O pijo da escola, a crida de torno, a ex demasiado boa para os teus ollos, … Por sorte, outros seguen a ser igual de marabillosos/as que antes facéndoche sentirte afortunado cada vez que te encontras con eles aínda que pasaran dez anos ser vervos.