100% nada no baldeiro sideral
23 Abr
Unha cousa ben rara, ou non tanto despois de fozar un pouco pola rede… Dun día para outro o ícono do disco duro que aparece no escritorio vai a tomar por saco amén de desaparecer tamén no apartado de dispositivos do finder.
Escrutando a rede na língua de Cervantes non hai solucións, ou ben, están demasiado agochadas para o tito Google ou para a miña pericia co devandito buscador. Tentando a sorte no idioma universal, despois de unhas cantas pesquisas máis ou menos infructuosas, un par de mecachis, dous case,… por fin un bingo!
sudo chflags nohidden /
Unha vez que se atopa que fácil parece, pero antes…
O artigo completo coa explicación para que apareza de novo o ícono do disco duro no escritorio do noso mac en inglés.
Nacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.
Para contactar usa o seguinte email: seve [arroba] sevegacia [punto] net (prometo contestar en canto teña un minuto libre).
Unha Resposta para "O ícono que se perdeu xogando ao escondite"
[…] News & Nachrichten wrote an interesting post today on O Ãcono que se perdeu xogando ao esconditeHere’s a quick excerpt Unha cousa ben rara, ou non tanto despois de fozar un pouco pola rede… Dun día para outro o ícono do disco duro que aparece no escritorio vai a tomar por saco amén de desaparecer tamén no apartado de dispositivos do finder. Escrutando a rede na língua de Cervantes non hai solucións, ou ben, están demasiado agochadas para o tito Google ou para a miña pericia co devandito buscador. Tentando a sorte no idioma universal, despois de unhas cantas pesquisas máis ou menos infructuosas, un par de meca […]
Algo que comentar?