Posteando dende bretoña sobre as cousas que non pasan
31 Ago
É o que ten non ser parente, amigo, … do político corrupto de turno. Un ten que buscarse as fabas a base de incar os cóbados. Un servidor estará morto para o mundo durante os próximos dezaseis días; primeiro co psico de subalternos da Xunta e a semana seguinte iremos a dar unha volta a Santiago para facer unha proba de alto segredo para intentar choiar na USC. Digo alto segredo porque era máis fácil atopar a Arca da Alianza que conquerir polas boas o temario. Eso si, noutros asuntos, non son tan dilixentes.
Nacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.
Para contactar usa o seguinte email: seve [arroba] sevegacia [punto] net (prometo contestar en canto teña un minuto libre).
2 Respostas para "O menda entra en capela"
Sorte e que sexa leve
Isi, iso, e se aprobas invita a algo cabrón
Algo que comentar?