O nivel de certos periodistos

Un nunca deixa de sorprenderse, sobre todo cando ten un xornal na man. Nunca sabe un onde vai a saltar a nova. Este finde, creo, viña una nova no xornal “El Progreso” sobre as eleccións e a traxectória do alcalde de A Pastoriza: Xosé Yañez. O periodista que perpetrou a nova tivo a ben comparar a Xosé Yañez que leva toda a vida de alcalde con (ojo, al dato!, estalló la bomba deportiva) Ralf Shumacher, ese gran campión de nada,… supoño que pensaba en Michael Shumacher para comparar a un gran campión do mundo da Fórmula 1 con un gran campión gañando eleccións locais.

Un erro cometeo todo o mundo, incluso nestes tempos nos que cun click de rato podes contrastar información e datos en menos dun segundo; salvo que vivas no rural galego, claro. Pero un non deixa de preguntarse se alguén leu a crónica antes de mandala a imprenta.

Technorati Tags:

Deixe un comentario