Todo é cuestión de modas, só é necesario que empece alguén, detrás van todos. O máis parvo fai reloxos. Os poderes “púbicos” na súas ansias de foder son dos primeiros, en canto ven a taxada, un pastel saboroso de corrupción e especulación sen freos. Ninguén se resiste, e o que o fai, non tarda en cambiar de opinión polo ben da súa integridade física. Si, tan certo como que estamos no mes de Agosto, que a vella frase “Partoche as pernas” segue a funcionar igual de ben como fai corenta anos, cando o tío Paco tíñao todo atado e ben atado.

Ó que se lle ocorreu dar as competencias urbanísticas ós Concellos non sabía o que facía ou sabíao demasiado ben. Grazas a eso a elite caciquil da caxata e o “Mecagoen dios” sobrevive con máis saúde ca en tempos pretéritos. Que bonitos son os cartiños que se gañan na Marbella Nort a conta dos coitados e insensatos. Mellor esto que pasar farlota, que iso está mal visto. Mellor o ladrillo que a coca. No fondo é o mesmo, todo consiste en traficar con algo.

Un non deixa de sorprendese do aborregamento social actual, primeiro pensei que era culpa da TV e do fútbol. Do sistema educativo,bla bla bla. Non, a culpa creo que foi do fracaso de Máteo Morral, dos bakunistas, dos loitadores de Acracia. Se realmente existira un exercito da A os sacerdotes do ladrillo estarían refuxiados na súa propia miseria moral.

Probablemente estas cousas ocorran pola curta presenza dos franceses na España, a súa ocupación foi breve, non tiveron tempo de europeizarnos, civilizarnos e por iso como despectiva e acertadamente dixeron en certas ocasións “Europa empeza nos Perineos”. Se nos ocuparan como España ocupou América ou gran parte de Italia a súa borra non se esvaecería. En toda América aceptan a corrupción que sofren como parte da herdanza cultural Española. Necesitamos outra ocupación francesa para que nos deixe o seu pouso de valores sociais, republicanos, intelectuais e morais. Francia non está feita de ladrillos está feita de valores. Liberdade, igualdade e fraternidade.

España non está feita de valores está feita de ladrillos, do oito, do quince, … O ladrillo busca o poder coma a puta busca o cliente. O poder é secular, suxo, corrompido, deforme, amoral, excrementicio, xenocida, perverso, ignorante, … mortal.

O actual exemplo de Marbella só é a punta do iceberg, en realidade non creo que se fora a por Marbella de forma casual. Non é casualidade que ningún dos partidos oficialistas gobernara a alcaldía de Marbella, o único sitio no que a xustiza entrou a saco.

Xa o dicía un Albanokosovar nun destes programas sensacionalistas co que nos deleitan as TVs españolas “España es una bicoca”. Como non vai ser, se aquí os delincuentes gobernan todos e cada un dos centímetros do país, as forzas de seguridade trafican coa farlopa (ver o caso do porto de Barcelona) que terían que retirar das rúas e as mafias de todo o mundo elíxennos para branquear os seus cartos do contrabando de armas, drogas e sabe Deus que máis mentres van a festas cos gobernantes locais.