O parvo que se cre o rei
Vinte cara a cara. Non es nada do outro mundo. Un parvo máis que se cre alguén porque por un accidente cósmico outorgóuselle un pouco de tempo neste planeta.
Qué fas con el? Nada. A túa mente atrofiada non é capaz nin sequera de calibrar a razón da súa propia existencia. Se o fixeras o teu punto de vista, a túa situación vital, cambiaría. Abúrresme. Sinto pena por ti. Eu vin que todo e fútil; ti nunca o chegarás a comprender. Temos que deixarnos levar coma a folla que vai paseniño río abaixo. Entendes? Xa sei que non. Observando o camiño verías que todo o que queres xa o tes. Non es capaz de entendelo. Non falo desas parvadas que tanto che gustan e tanto che importan. Falo de todo iso que tes diante e non ves porque estás cego pola túa propia ignorancia, pola túa deixadez. Falo do realmente importante. Por desgraza, serías incapaz de velo. Para ti xa é demasiado tarde. Tal vez para ela non…
Agora estás a ler “O parvo que se cre o rei”, unha entrada en Seve
- Publicada:
- 27.07.06 / 9am
- Categoría:
- Microrelatos
- Tags:
Nacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.

