Había un peixe de cores que vivía nun estanque moi grande do xardín dunha casa maior. Pasaba o día a saltar fora da auga. Nada mais caer ó estanque volvía a saltar. Así día tras día, mes tras mes. Ninguén sabía por qué o facía. Ninguén lle preguntou. So era un peixe de cores! A xente do barrio, os nenos e incluso algún turista despistado acudía a ver o probe do peixe saltar.

Certo día saltou tan forte e tan alto que caeu fora do estanque. Non había ninguén para velo, non había ninguén para axudalo. O peixe morreu sen presa asfixiado. O peixe morreu feliz. Levaba moito tempo tentando fuxir da súa cárcere acuática porque o peixe lle tiña medo a auga.

Alí, tirado sobre a herba; morto; por fin era feliz.