O vingador
Quén ía pensar que estaba vivo? Tres meses de torturas, mutilacións e vexacións, pero seguía vivo. Un corpo sanguinolento inspirando tal vez a última bocana de aire antes de morrer. Movido pola ira, pola forza da vinganza, aproveitando un descoido dos seus raptores que o tiñan por vexetal, levantouse berrando, partíndolle o colo a un deles e cravando un lapis na gorxa do outro. Matounos no acto. A felicidade embargouno, a misión para que fora adestrado durante anos e que pensara que nunca podería cumprir cando fora capturado, por fin estaba rematada. O seu corpo espido, cuberto de sangue, sen unha man amputada durante as torturas, responderalle coma nunca antes, nin sequera de neno, executou as ordes da súa mente cunha precisión absoluta. Viu os cadáveres dos seus inimigos tirados no chan, a vinganza estaba consumada, lembrouse da súa nai violada e asasinada, do seu pai fusilado e cae morto sobre os carpos dos responsables. O seu rostro torturado, vexado, reflexaba a máis íntima das felicidades. A felicidade de morrer co teu deber cumprido, de vingar ós seus.