O xato cabezón

- Mira que xatiño! Pobre! Hai que mátalo!
- Mátalo, … por qué? – dixen
- Non ves? Ten a cabeza deforme.
- Deforme? Tena moi grande. Probablemente sexa máis listo ca nós o cabrón. – aleguei

En realidade o bicho era unha cabeza con pernas. Bastante feo e coa mala sorte de nacer nunha granxa gobernada polo porco de Bush, e non me refiro a Bush senón ao seu porco. Bueno, ou un parente. Seguro.

- Cago en diós! Dámoslle unha marrada na cabeza e vai po carallo nun segundo. – replicou o animal. Non, o xato non, o outro.
- Non serás capaz? – berrei.

O certo é que son parvo do carallo. Só a min se me ocorre dicirlle a un fulano que parte as noces a cabezadas “Non serás capaz?”. Aínda teño o sangue pegado no pantalón.

En realidade pola miña terra sóese solucionar calquera problema cun par de xuramentos e catro hostias, fogonazos, marradas ou similares.

Cando, despois de abrirlle a cabeza o pobre do animal; ó xato, mirou para min con cara de felicidade coma se acabara de descubrir América e díxome:

- Ves, non sufriu nadiña. Nin se enterou.
- Xa vexo, xa, … – respostei vendo como o pobre bicho aínda respiraba.

Deixe un comentario