“O ser humano é o único animal que tropeza dúas veces na mesma pedra.”
Unha das cousas que máis detesto é o marketing telefónico sobre todo cando non saben aceptar un non por resposta e están veña que veña hasta que un perde a paciencia e lles termina mentando a algún familiar. Outra cousa que me produce arcadas son os comerciais porta a porta que veñen a vender dende seguros a baterÃas de cociña pasando por toda unha amplia variedade de cacharros de dúbidosa utilidade e calidade discutible.
Centrándome en “Ediciones Rueda”, da que buscando por Google se pode atopar unha ampla e variada colección de anécdotas, teño que dicir que eu piquei nunha ocasión e merqueilles unha enciclopedia, concretamente “Nuestro Patrimonio Cultural”. Aconteceu haberá uns catro anos e foi máis ou menos asÃ.
O principio; “Ediciones Rueda” regalame uns libros pola patilla
Un dÃa, tempo atrás, recibo unha chamada dunha señorita moi amable que me di que me vai regalar uns libros como promoción e forma de publicitarse de “Ediciones Rueda”. O guión da chamada está moi ben preparado para que non poñas pegas e dinche que non hai que mercar nada e tal. Que todo forma parte dunha promoción para darse a coñecer entre o público. Pico coma un salmón.
Un par de dÃas despois un amable repartidor tráeme tres libros con obras de Benito Pérez Galdós. Para a miña sorpresa non me intentan vender nada. Flipo!
Segunda parte; enquisa e cachondeo
Uns meses despois recibo outra chamada de “Ediciones Rueda”. A mesma señorita, moi amable tamén, preguntame se me gustaron os libros. O resto da conversa teñoa bastante esquecida pero creo que fala de respostar a unhas preguntas a un encuestador que se vai pasar pola miña casa ou algo asÃ.
Un par de dÃas despois aparece na miña porta un encuestador de “Ediciones Rueda” (mentira!!, era un puto comercial disfrazado de encuestador). Que me fai unhas preguntas sobre gustos literarios e que cando me dou de conta xa me empapelou a merda da colección de “Nuestro Patrimonio Cultural” e uns estupendos regalos a maiores. Realmente poñencho tan bonito que enciclopedia e regalos parecen una ganga. O problema e que os regalos que a priori parecen caralludos son en realidade de moi mala calidade e según o que se comenta pola rede probablemente falsificacións nalgúns casos (os famosos colchóns viscoelásticos Bayer). A enciclopedia se ben o continente parece bonito o contido é bastante pobre e en ningún caso vale o que se paga por ela, nin a cuarta parte.
O dÃa que me venderon esa condenada enciclopedia estiben moi cobreado conmigo mesmo por ser tan pardillo como para deixarme levar por un comercial agresivo e facerme firmar unha compra de algo que realmente non necesitaba. Pero o mellor deste cachondeo estaba aÃnda por chegar…
Terceira parte: Entrega e sorpresa final
Un dÃas máis tarde apareceron os repartidores de “Ediciones Rueda” para entregarme a enciclopedia e os estupendos regalos (Unha barbacoa eléctrica que nunca funcionou e unha cuberterÃa, mellor dito, media cuberterÃa). En realidade os repartidores non eran repatidores senón comerciales disfrazados que nada maÃs entregada a mercancÃa intentaron venderme de tódalas maneiras outra enciclopedia de parques naturais para asà poder darme a outra metade da cuberterÃa ?¿?¿?.
Realmente foi unha situación moi desagradable, xa que estes suxeitos non aceptan un non fácilmente e utilizan tácticas de presión hasta o punto de poñerse bastante bordes.
Creo que é común que digan que se non lles mercas a outra enciclopedia eles perden cartos polo transporte. Que son pobres traballadores e outras andrómenas. Polo menos conmigo firexon asÃ.
Ese dÃa fixenme unha promesa; non mercar nunca máis nada que me ofrecerán por teléfono ou porta a porta.
Catro anos despois: “Ediciones Rueda” 2008: O retorno
O xoves pola tarde recibÃn unha chamada que me trouxo malos recordos. Efectivamente, tratabase dunha señorita de “Ediciones Rueda” que me dicia que me mandaba un libro de regalo pola confianza depositada en “Ediciones Rueda” tempo atrás ao mercarlles a enciclopedia de marras.
So lle tiña que adicar minutos a persoa que ma trouxera para cumprimentar unha enquisa. Evidentemente nunca che dÃn que a intención única e meterse na túa casa para venderche algo.
O sábado uns suxeitos apareceron diante da miña porta. Dúas persoas novas, cunha vestimenta que tufaba a comercial a dóus quilómetros. Inviteinos a pasar.
Por suposto traÃan o libro de regalo para darme, “Un menú para cada dÃa”, e procederon conforme ao guión. Todo o que dicen está moi estudiado e ciñese a un guión que debe ser estandar xa que buscando por Google todos os afectados contran as mesmas cousas sobre as parrafadas que usan e como proceden.
No meu caso habÃa un dos comerciais que era o que falaba e outro que se limitaba a observar, probablemente un comercial en formación. Por suposto o primeiro que negan é que sexan comerciais: son do departamento de administración !?¿! e baixan do ceo dos administrativos para traerche un libro a ti, pobre desgraciado. Si claro!!!
Unha vez entregado o libro, o comercial falador empezou coa enquisa. Preguntas que serven de tapadeira para os verdadeiros propositos. O que si realmente me sorprendeu e o estudado que traen o tema. O pavo sabÃa o meu número de teléfono de memoria!
A parte interesante da enquisa é cando che piden que escollas entre o seu catálogo de regalos aqueles que cres que lle gustarán máis aos seus clientes (un colchón, un sillón de masaxe, un tele, un cámara, un reloxio Festina, e outras cacharradas). Mentres vas respostando, o comercial comentache que eles prefiren regalar cousas destas aos seus clientes en vez de facer publicidade convencional. Non sei se o comercial sabÃa que “Ediciones Rueda” utiliza a MarÃa José Suárez como imaxe da empresa. Non creo que a rapaza o faga gratis.
Finalmente pasanche unhas cantas enciclopedias para que lles digas cal cres que lle gustará máis aos seus futuros clientes. O tema é que a persoa que resposta a enquisa non sabe é que esta sendo enganado dende o momento que responde a primeira pregunta. Realmente cada resposta que da de boa vontade a eses “señores” é en realidade un producto que pasa ao seu carriño da compra.
Unha vez rematada a enquisa en sin deixarte tempo a decir nada o comercial empeza a rellenar unha orde de pedido (evidentemente non che dà que é unha orde de pedido) coas cousas que fuche seleccionando durante a “enquisa”, pero “ojo al parche”, dicindoche que como agradecemento por resportar a enquisa regalanche todos os productos que seleccionaches nas respostas da “enquisa” (enciclopedia que máis che gustou, a tele, o cámara, …). Guau, que sorte!! Ou non?
O truco
A cousa é que de todos eses fantásticos regalos que che dan só tes que pagar o coste de producción da enciclopedia que elixiche na enquisa. Para iso mostranche o suposto coste real da enciclopedia; varios miles de euros. O problema é que a enciclopedia para o merda que é costa unha pasta producila
e o mellor de todo: o coste de producción da enciclopedia varÃa en función dos regalos elixidos (iso sabelo cando falas con outros clientes (vÃctimas?) destes espabilados). Acojonante!
O final
Cando caeu o telón e descubriron tódalas cartas foi cando lles dixen que pararan, que non querÃa nada (o cabrito do comercial xa tiña medio albarán cuberto sen preguntarme nada). Creo que fun bastante correcto e non lles dixen o que opinaba deles senón que simplemente me limitei a rexeitar unha e outra vez a súa “tentadora” oferta durante bastantes minutos. Cando o comercial que levou toda operación viu que non Ãa sacar nada puxose un pouco borde rompendo o albarán diante de min dicindo que oportunidades coma esas só pasan unha vez (afortunadamente) e que habÃa moita máis xente esperando por elas.
Outras referencias sobre “Ediciones Rueda”
En Halón Disparado
En Buscolu
En Anti Aupper
En CIAO
En El Otro Lado
En Foroswebgratis
En CIAO outra vez
Unha divertida co Teleoperador
En Lne
En Foro Colchón
En Neuronal
En Answers














A miña avoa de 80 anos engatusarona para mercarlles unha enciclopedia chamada “Mundo Submarino”.
Eu lembro unha vez unha comercial desas que, cando lle dixemos que non podÃamos permitÃrnolo porque estabamos no paro os dous da casa, non se lle occorreu outra cousa que insultarnos dicindo que si estabamos no paro era porque querÃamos, que onde vivÃamos nós habÃa moito traballo nas canteiras. Hai que joderse!
Eu tamén teño os tres libros de galdós e o de cociña na casa, por sorte non me venderon nada… pero deixaronme flipado polo ben que ma intentaran colar cando viñeron traerme o libro de cociña, a verdade e que son os mellores doradores de pÃldora que pasaron pola miña porta, por certo a min dixeronme que tan solo 4 clientes en Galicia eran os agraciados de tan incrible oferta… o dÃa siguinte vin a vendedora entrar no edificio de enfrente… pa vivir nun pobo pequeno temos bastante sorte…
A miña muller picou – ou a enganaron – unha vez mercando unha enciclopedia que nos custou 5 longos anos a razón de 30 euros mensuais. O caso é que teñen unha denuncia por acoso – Editorial Océano para máis datos – do pesados que se puñan chamando por teléfono unha e otra vez.
A min gracias a Deus non me pasa ( que non me castiguen por soberbio) basicamente porque vender libros foi o menu primeiro traballo. Ainda que non o creades, aos comerciais noveis teñenos ben enganados. Eu espertei a tempo … ou iso creo
Vender libros é un negocio fermoso, pero o negocio desta empresa creo que é outro non tan fermoso.
De vendedor de libros a crack do deseño! Menudo cambio
Si te dixera que tamén encartei prensa
Hola!! Acaba de estar fai un rato na miña casa un comercial de Ediciones Rueda. Eu non estiven na conversa-venta que lle quixeron meter á miña nai, pero aparecin ó final. Como xa me cheiraba o que queria facer o rapaz que veu, dixenlle que eu entendia que tiña que vender, que para iso era un comercial, pero miroume e dixome que non era comercial, que él adicábase á publicidade da empresa, que por iso facian isto de ir polas casas porque era a mellor forma de publicitarse. Cando lle dixen que non me interesaba a enciclopedia, que para buscar información preferÃa usar internet, púxose borde e ata me espetou indirectamente que era unha inculta por non querer comprar a enciclopedia e que tiña que ler máis. Nese momento ya me enfadei con el e tamén me puxen borde con el. Ademais, soltou varios comentarios cara miña nai, do estilo que si tamén tiña que consultar con meu pai cando quixese comprar uns zapatos. Son uns pesados, estivo dúas horas, e penso que non tardaran en chamar outra vez para vender cousas que non valen nin a metade. Un saúdo. Bicos!!
Gracias por comentar a túa experiencia Raquel.