Os cidadáns facendo o traballo da Administración
E
Por suposto, e como non podía ser de outra forma tiberon que ser os cidadáns os que sacaran a luz este escándalo vergonzante. Nesta ocasión foi máis gorda porque veu xente dende Alemaña a sacar a palestra con luz e taquigrafos as torturas as que son sometidas os animais antes de ser sacrificados.
Parece ser que a principal preocupación dos poderes públicos galegos ante esta situación é que a difusión de estas imaxes prexudique a indústria cárnica do país e non e feito en si do atentado contra a dignidade dun ser vivo: A pela é a pela e bichos hai de sobra.
Evidentemente o maltrato animal está moi arraigado na nosa sociedade, por algo vivimos no país no que a festa nacional consiste en torturar e aniquilar un ser vivo. Iso sen contar as simpáticas tradicións populares extendidas pola xeografía española como lanzar unha cabra dende o alto dun campanario, cortalle a cabeza a un galo ou lanzarlle dardos a un touro ata acabar co el, sen esquecer o deporte patrio por excelencia: sair ó monte a pegar tiros a todo o que se mova.
Como ben dixo Gandhi no século pasado «A grandeza dunha nación e o seu progreso moral poden ser xuzgados polo modo en que trata ós seus animais». Isto levanos a un tema fundamental que é a necesidade ou non de comer cadáveres para subsistir.
En realidade, está demostrado científicamente que o ser humano non necesita para nada inxerir cadáveres para vivir, e máis, se ocidente deixara de consumir carne disminuirían nun 50% os casos de cancro e nun 40% as enfermidades coronarias. É unha verdade incomoda pero ainda existe outra verdade moito máis incomoda que os poderes públicos tratan de ocultar a toda costa: A indústria alimentaria baseada na explotación dos animais «domésticos» contamina máis ca tódolos coches do planeta. Disto xa falarei outro día con máis profundidade.
Retomando o tema das imaxes que puidemos ver estes días na televisión un debe preguntarse se o que vimos é ou non a punta do iceberg.
Leituras de interese :
Congreso Mundial Vegetariano
Las vacas de Nueva Zelanda calientan el Planeta
La dieta vegetariana previene el cancer
Información extensa sobre o vexetarianismo
Vexetarianismo e saude
Technorati Tags: Maltrato animal








A administración está para o que está: roubar e punto