Estos días revolveronsenos os estomagos a todos os que temos corazón no peito coas escandalosas imaxes do trato dado ós animais en certos matadoiros galegos. ¡Nada novo baixo o sol!

Por suposto, e como non podía ser de outra forma tiberon que ser os cidadáns os que sacaran a luz este escándalo vergonzante. Nesta ocasión foi máis gorda porque veu xente dende Alemaña a sacar a palestra con luz e taquigrafos as torturas as que son sometidas os animais antes de ser sacrificados.

Parece ser que a principal preocupación dos poderes públicos galegos ante esta situación é que a difusión de estas imaxes prexudique a indústria cárnica do país e non e feito en si do atentado contra a dignidade dun ser vivo: A pela é a pela e bichos hai de sobra.

Evidentemente o maltrato animal está moi arraigado na nosa sociedade, por algo vivimos no país no que a festa nacional consiste en torturar e aniquilar un ser vivo. Iso sen contar as simpáticas tradicións populares extendidas pola xeografía española como lanzar unha cabra dende o alto dun campanario, cortalle a cabeza a un galo ou lanzarlle dardos a un touro ata acabar co el, sen esquecer o deporte patrio por excelencia: sair ó monte a pegar tiros a todo o que se mova.

Como ben dixo Gandhi no século pasado “A grandeza dunha nación e o seu progreso moral poden ser xuzgados polo modo en que trata ós seus animais”. Isto levanos a un tema fundamental que é a necesidade ou non de comer cadáveres para subsistir.

En realidade, está demostrado científicamente que o ser humano non necesita para nada inxerir cadáveres para vivir, e máis, se ocidente deixara de consumir carne disminuirían nun 50% os casos de cancro e nun 40% as enfermidades coronarias. É unha verdade incomoda pero ainda existe outra verdade moito máis incomoda que os poderes públicos tratan de ocultar a toda costa: A indústria alimentaria baseada na explotación dos animais “domésticos” contamina máis ca tódolos coches do planeta. Disto xa falarei outro día con máis profundidade.

Retomando o tema das imaxes que puidemos ver estes días na televisión un debe preguntarse se o que vimos é ou non a punta do iceberg.

Leituras de interese :

Congreso Mundial Vegetariano
Las vacas de Nueva Zelanda calientan el Planeta
La dieta vegetariana previene el cancer
Información extensa sobre o vexetarianismo
Vexetarianismo e saude

Technorati Tags: