Os meus demos

Todos levamos os nosos demos connosco, día e noite, espertos e durmidos. Nunca nos deixan. Con sorte soportámolos e conseguimos vivir con eles; senón acaban por destruínos ou o que é peor escravizándonos. O meus demos son diúrnos, tranme imaxes do futuro e do pasado. Móstranme cousas que non quero ver. Dígolles que marchen pero eles sempre están a espreitarme, agardando un momento de fraqueza para voltar a atacarme. Son eles os que definen a miña existencia, atemporais, etéreos, todopoderosos. Adoptan múltiples formas: autocompaixón, vergoña, fobia, odio, ira, vinganza e sobor de todo; medo. Medo é o xinete que sempre vía diante dos outros, é o máis forte; é o máis malvado. Moitas veces me levo enfrontado con el: nunca vencín. Puido con outros moito mellores ca min; eu son fácil de derrotar.

Medo alimentase de min, necesítame para sobrevivir; son a vez o seu escravo pero tamén o é de min. Sempre que pelexei con el saíu triunfante e eu máis débil. O que dixo “O que non te mata faite máis forte” era un imbécil a tempo completo. Cada vez que loito gañe ou perda a batalla estou perdendo a guerra. Son tantos contra unha mente única; Medo, Autocompaixón, Vergoña, Fobia, Odio, Ira, Vinganza. Que podo facer eu, triste mortal, contra os sete campións que derrotaron por milenios a humanidade enteira.

Deixe un comentario