Posteando dende bretoña sobre as cousas que non pasan
24 May
23 May
Nestes días tiven a oportunidade de votar unha ollada a vários programas de governo duns cantos partidos políticos. Un ten estes vícios!
O certo é que en case todos se fai referéncia o tema de internet, sobre todo as conexións claro está anque tamén a formación para as novas tecnoloxías. Terra Galega de Pol, PSOE de A Pastoriza, BNG de A Pastoriza fan referencia a este tema nos seus programas eleitorais. Lástima que sexa con dez anos de retraso. Parece polo menos que escomenza a haber vontade política de dotar ó rural dun verdadeiro sistema de acceso a internet e eliminar o colo de botella que impoñen a conexións de baixa velocidade. Imaxinade, por exemplo, o que é subir un podcast a través dunha conexión a 56 Kb: tortura chinesa da voa.
Ainda asi parece que no maxin dos políticos costa discernir conceptos como wifi e wimax anque se presupón a voa vontade.
Agardo non ter que esperar outros dez largos anos para poder ver en A Pastoriza o mesmo que comentei na entrada sobre a situación das conexións a internet en Estónia…
21 May
Fai uns días fallaronse os prémios libre.org e por incríbel que pareza (jo,jo) nengun organismo público galego foi galardoado.
Máis info e relacións de premiados aquí
Technorati Tags: software libre
19 May
Este pequeño estado báltico con menos da metade de poboación de Galiza e inmerso en tensións internas e unha grave crise económica dalle sen embargo mil voltas a Galiza en cuestións relacionadas con Internet:
- El 54 % de la población estonia es usuaria de internet (datos de la encuesta sobre la E-Pista, TNS EMOR, junio 2005).
- El 34 % de los hogares cuenta con ordenador y de ellos el 82% tiene conexión a internet. (encuesta sobre la E-Pista, TNS EMOR, primavera 2004).
- Todos los centros de enseñanza de Estonia están conectados a internet.
- Hay más de 700 puntos públicos de acceso a internet en Estonia, lo que supone 51 por cada 100.000 personas, una de las proporciones más altas de Europa.- Además de los ordenadores de uso público con conexión a la red, hay más de 550 espacios públicos en los que, aquellos que tienen ordenadores portátiles, pueden usar una conexión rápida a internet, frecuentemente gratuita. Las zonas de conexión a internet sin cable se van extendiendo y ya abarcan todo Estonia.
- Los ciudadanos pueden hacer su declaración de la renta a través de internet.- Es posible acceder vía internet y en tiempo real a la descripción de los gastos efectuados por el Estado.
- En agosto de 2000, el Gobierno de Estonia fue pionero a nivel mundial al transformar las reuniones de su Gabinete ejecutivo en sesiones sin documentos en papel, pasando a utilizar un sistema de bases de datos conectadas por la red.- El 72% de los usuarios estonios de internet realizan sus operaciones bancarias cotidianas a través de la red (encuesta sobre la E-Pista, TNS EMOR, junio 2005)
Fonte: Wikipedia
Que estamos a facer mal nos? podemos nacionalizar uns cantos políticos estonios?
18 May
ANECDOTARIO O LA ESTADISTÍCA IMPOSIBLE
« Fecha: 16. Mayo 2007 a las 13:55 » Responder quote | Modificar
Por favor, alguien me pueda dar una explicación lógi[/b]ca, racio[b]nal y coher[b][/b]ente a la siguiente pregunta (gracias anticipadas).
¿Por qué cada vez que se convoca un proceso selectivo para organismos tales como CIXTEC, EMPRESA PÚBLICA OBRAS Y SERVICIOS HIDRÁULICOS, ACEOUSA, MEDTEC…las mejores notas del proceso selectivo y por supuesto la plaza se la llevan, inexorablemente, aquellas personas que ya estaban trabajando en el organismo?
NOTA: podéis consultar, a modo de ejemplo, el último proceso en el CIXTEC, y más recientemente en el MEDTEC.
Logged
alvaro5
YaBB Newbie
*
Anuncios: 21
Re: ANECDOTARIO O LA ESTADISTÍCA IMPOSIBLE
« Respuesta #1 Fecha: 16. Mayo 2007 a las 14:14 » Responder quote | Modificar
La respuesta es ENCHUFISMO, ENDOGAMIA, CLIENTELISMO, CORRUPCIÓN, etc.
Elige la que más te guste.
Orixinal: aquí
17 May
Agora que estamos nos días do alcatrán calquera máis ou menos espilido pode ver que o gran problema para o futuro da Galiza rural é a total falta de infraestructuras. Algúns pensan que infraestructuras é igual a estradas: triste pero certo. Na era da indrustrialización isto era parcialmente certo; na era da información isto é un aberración e unha falacia.
A Galiza rural ten cando menos 10 anos de atraso con respecto as zonas urbanas o que fai que unha xeración completa de mozos e mozas abandoe o rural para facer a súa vida nas cidades: é normal.
O tema das novas tecnoloxías é un caso sangrante sobre todo despois de ter que soportar como Telefónica se ría de todo o mundo implantado o seu famoso ADSL rural, que nin é ADSL nin conas, con cartos da Unión Europea sen que ningún poder público nen púbico dixera nin pio.
Un programador, deseñador gráfico, webmaster, SEO,… podería desenvolver o seu traballo prácticamente en calquer parte do mundo simplemente con dispor de banda ancha e un ordenador, e dicir, podería quedar no rural e facer o seu traballo sen ter que marchar. Obviamente aquí falla algo; os encardados de suministrar a banda ancha son unha empresa privada (que me cae fatal) ós que catro gatos do rural importanlles un carallo e os poderes públicos locais non teñen nin ganas nin vontade de cambiar algo que nin de lonxe comprenden. O rural queda pola desidia duns e outros aillada do mundo dixital o que supón unha perda de oportunidades para os seus habitantes, e unha sentenza de morte para o seu futuro (a partires do 2013 veremos se é certo ou non).
Outra falla sangrante son as bibliotecas públicas no rural que foron obxeto dunha reportaxe en “El Progreso”. Obviamente este xornal recalcou o gran avance e a gran dotación de material e tal e tal destas instalacións. A realidade é algo distinta para desgraza dos aficionados a lectura. Se ven existen bibliotecas no rural cunha oferta destacable, temén é certo que nalgúns casos o funcionamento destas resulta cando menos patético, por non dicir outra cousa. Moitas veces 2 + 2 son 5 por obra e gracia de Santa Base de Enchufe.
En moitos casos tentar acudir a unha biblioteca é máis complexo que compliar un kernel from scrach. Persoalmente, despois de ir en tres ocasións a un destes templos do saber e atopalo pechado pese a que polo horario debería estar aberto: avandoei. Polo de agora teño suficiente coas bibliotecas dixitais onde non hai que agardar tres horas a que termine de tomar o café, facer as compras e dar un paseo o encargado. Os que teñen aínda os TRAC rurais na casa non teñen tanta sorte coma mín.
Está claro que España non é Corea do Sur e Galiza moito menos (refirome as conexións de 100 Mg do país asiático; que puta envexa me da) pero dotar de infractucturas para o desenrolo tecnolóxico do rural non é caro e só a falla de vontade política explica que moitos cidadáns de Galiza non poidan facer cousas tan sinxelas como ver vídeos en youtube.com, apuntarse a cursos de teleformación, optar polo teletraballo, facer vídeo conferencias, ver páxinas pesadas, descargar ficheiros, compartir no emule, e un largo ecetera … tal vez a próxima xeración… tal vez…
Technorati Tags: Galiza, infraestructuras
16 May
Confirmouse o que todo o mundo xa sabía e a super estrela xermana da NBA Dirk Nowitzki, dos Dallas Mavericks, foi elixido como o xogador máis valioso da tempada regular na NBA. Pena que nos playoffs o cousa non fora nada ben para o equipo texano e Don Nelson puido vingarse do propietario do equipo, Mark Cuban.
A continuación un video no que se mostra a traxectoria e evolución de Dirk ata convertirse no primeiro europeo que é galardoado co MVP.
Saúde e basket!
Technorati Tags: dirk nowitzki, Dallas
14 May
Teño unha información bomba sobre a campaña para as eleccións locais aquí na miña terra. É tan incribel que polo de agora non vou dicir nada ata que o poida confirmar ou teña probas fotográficas. Só dicir que de confirmase fará as delicias dos fans dos Monty Python e dos amigos do humor máis surrealista.
Permañezan atentos as súas pantallas que desta saimos na TV

Actualización 25 de maio de 2007: O gran rumor que me neguei a crer xa é publico e motivo de comentarios por todo o país. Efectivamente tratase das famosas sudadeiras coa imaxe do Che Guevara que puxo en circulación o PP de A Pastoriza.
De momento A VOZ e Chuza son os primeiros medios en facerse eco da nova.
Sítios que falan desta nova:
Sitios onde atopar información sobre o Che Guevara
Technorati Tags: A Pastoriza, Che Guevara, eleccións, eleccións locais
10 May
Para quen guste da toponimía, esta é unha lista de barrios da parroquia de Bretoña. Como en moitos sitios cada barrio a sua vez dividese en barrios máis pequenos:
Afoz
Álvite
Azougo
Castrillón
Castiñeira
Currás
Fitoiro
Francos
Fontao
Igrexa (capital do imperio)
Loxilde
Mourelle
Piñeiro
Pedredo
Seselle
Soledad
Xemil
Technorati Tags: Bretoña
9 May
O CEI acaba de sacar unha serie de cursos de formación online, algúns deles bastante interesantes e nos que parece que non hai que cumprir nengun requisito en particular para apuntarse.
Os interesados poden inscribirse no CEI - NODUS, na Avda. de
A Coruña, 490, no teléfono 982 264 260 ou por mail a
formación@cei.lugo.es
Nacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.
Para contactar usa o seguinte email: seve [arroba] sevegacia [punto] net (prometo contestar en canto teña un minuto libre).
Para falar conmigo usando GoogleTalk: ![]()
Para atoparme no Skype: seve_britonia