Endogamia

11 de Enero de 2008

Esta semana pasada tiven que escoitar como unha persoa me relataba algo que por repetitivo e esperado non deixa de enfurecerme. Esa persoa contoume o que lle aconteceu a un familiar seu (ao que coñezo).

Un, cando se entrega ao estudo sacrificando horas de ocio, de sono, de vida social e o mesmo tempo brega día tras día cun traballo agarda que cando menos o seu esforzo sexa valorado ou tido en conta para algo.

A persoa da que vou falar era por expediente a mellor en termos obxetivos, así o dictaban as súas cualificacións. Cando a institución académica na que cursaba os seus estudos ofertou un posto de traballo na que o único criterio de selección era o expediente académic, ela era a primeira na lista. Ese posto tiña que ser para ela. Pero…

…o posto non foi para ela. Por que? Porque ela non era filla dun dos xefeciños desa institución…

Benvidos a Endogamia, Comunidade Autonoma dun país chamado España.

A gasofa polas nubes

28 de Diciembre de 2007

gasolina.gif

Alguén se ten que estar poñendo as botas a conta dos que enchemos o depósito. Eso si, os concesionarios de coches xa poden empezar a vender bicicletas ou a regalar un coche con cada cartón de leite que se venda.

O espiritu do Nadal

22 de Diciembre de 2007

Un ano máis chega o Nadal. É como a declaración da renda, o Gran Irmán ou a gripe: periodicidade anual.

Millóns de persoas votanse a rúa cheos de espiritu navideño dispostos a queimar a súa VISA en compras ridículas que rematan nos faiados das casas pasados uns días. Un “El Dorado” anual para tendas e centros comerciais. Mentres, noutras partes do mundo, millóns de persoas morren de fame ou malviven con menos dun euro ao día.

Ese bonito balón de fútbol polo que pagamos 50 euros foi feito por un meniño paquistaní de 9 anos que cobra 50 euros ao mes traballando en xornadas de 15 horas diarias para a multinacional americana. Esa mesma que lle paga varias dúcias de millóns de dólares anuais a un fulano por darlle patadas a un balón feito por ese neno.

Este “estatus quo” que permite que o 25% da xente teña de todo e o 75% da xente non teña de nada é necesario mantelo cunha serie de políticas que son dictaminadas por as mega corporacións e lobbies económicos que controlan os destinos dos governos. Entre elas están: que as potencias occidentais apoien as governos corruptos nos paises pobres a cambio de ter barra libre para roubar os seus recursos naturais; dedicir que novos paises poden existir e cales non; escoller o proximo país a atacar para roubarlle o petróleo; crear un inimigo real ou ficticio co que atemorizar as masas dóciles…

Dentro duns días Papa Noel chegará chego de regalos para grandes e cativos, milleiros de fermosos animais de compañia serán regalados no Nadal; milleiros de fermosos animais de compañia serán abandoados no vran. Igual que o ano pasado, igual que o ano próximo.

Outro fermoso Nadal para que os mesmos do ano pasado poidan facer a mesma obstentación e que farán o ano que ben.

Agora que o cambio climático deixou de ser unha fumada de hippies e ecoloxistas, e os gobernos empezan a darnos leccións de como gastar menos enerxía, que bonito é ver as luces de Nadal en tódalas cidades do primeiro mundo alumeando a todo meter. Serán lámparas de baixo consumo?

Feliz Centro Comercial e prosperas rebaixas de xaneiro!

Curiosa fonte

7 de Diciembre de 2007

Esta fonte está no barrio da Igrexa, en Bretoña. Durante os anos 80 parábamos case tódolos días nela a beber cando saíamos da escola e aínda non había transporte escolar e, tamén, cando domingo tras domingo íamos ao catecismo. Hoxe fica abandoada, sen uso e case seca.

O interese desta fonte pódese ver nas fotos…
Fonte de Bretoña
Fonte en Bretoña

Toni Kukoc tribute

1 de Diciembre de 2007

O meu can era Toni por esta razón:

NBA Dirk

27 de Noviembre de 2007

dirk.jpg

Seguindo as instruccións de Oscar

Orixinal

Culebrón Garbajosa

24 de Noviembre de 2007

Garbajosa

Garbajosa

Technorati Tags: ,

Modificacións da Lei da Función Pública de Galicia

21 de Noviembre de 2007

Onte voteille por primeira vez unha ollada as modificacións da Lei da Función Pública de Galicia. Non tiña nin idea dos cambios que contiña salvo a referente ao controvertido tema de pasar a ser concurso-oposición “libre” (mira que son cínicos).

Foi a raiz deste cambio que deixei de malgastar o tempo en opositar (salvo algunha excepción) para adicar o meu tempo a cousas máis divertidas (SQL, php, pafetos,…). Por sorte ou desgraza, o feito de ter aprobado algún exame con boa nota e estar nos primeiros postos nas listas de sustitución nalgunha zona fai que cando menos teña que facer acto de presenza -e pago de taxas- no exame pertinente. Foi por iso que me deu por mirar as devanditas modificacións da Lei da Función Pública de Galicia.

Cousas interesantes que atopei:

  1. Os procesos selectivos respectarán, en todo caso, os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade e efectuaranse polo sistema de concurso-oposición “libre” .
  2. Esta lei será de aplicación supletoria ao persoal de administración e servizos das universidades galegas.
  3. A Consellería de Función Pública levará un rexistro público coas titulacións académicas e as remuneracións percibidas polo persoal eventual.
  4. Poderase nomear persoal funcionario interino sen adscrición a praza dotada orzamentariamente. […] Os nomeamentos por esta causa non poderán superar o 20% do total de persoal funcionario do centro directivo, nin o 3% do persoal funcionario da Xunta de Galicia.
  5. Os concursos para a provisión de postos de persoal funcionario deberán ser convocados cunha periodicidade anual e serán resoltos en 6 meses, dende a publicación das listas definitivas. A Administración da Xunta de Galicia poderá adscribir as funcionarias e os funcionarios a postos de traballo en distinta unidade ou localidade, logo de solicitude baseada en motivos de saúde ou rehabilitación do funcionario ou da funcionaria…
  6. Soamente se poderán cubrir polo sistema de libre designación con convocatoria pública entre persoal funcionario os postos de traballo de subdirectora ou subdirector xeral, as secretarías de altos cargos así como aqueloutros de carácter directivo ou de especial responsabilidade para os cales, excepcionalmente, así se determine nas relacións de postos de traballo.
  7. Nas probas selectivas que se realicen para o acceso ás prazas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, terase que demostrar o coñecemento da lingua galega. […] as bases das convocatorias establecerán que unha ou máis das probas do proceso selectivo se deberán realizar exclusivamente en língua galega…
  8. …terán especial consideración os casos de mobilidade xeográfica das funcionarias vítimas de violencia de xénero.
  9. A administración pública velará para que non haxa menoscabo no dereito á carreira profesional dos funcionarios públicos que fosen nomeados altos cargos,…
  10. A excedencia para o coidado de familiares pasa a ser de ata 3 años. […] O posto de traballo reservaraselle cando menos dous anos.
  11. Establecese unha excedencia de 6 meses ampliable hasta un máximo de 18 meses para as funcionarias vítimas de violencia de xénero.
  12. A Administración pública galega establecerá sistemas que permitan a avaliación do desempeño dos seus empregados. Terase en conta o grado de satisfacción dos cidadáns respecto dos servizos que lles presten.
  13. Os permisos de maternidade, paternidade, … poderanse acumular ao período ordinario de vacacións.
  14. Concedese un permiso retribuido dun máximo de 30 días para os casos de accidente ou enfermidade moi grave do cónxuxe, familiares de primeiro grado, familiares conviventes e acollidos.
  15. Permiso de paternidade de 29 días ou de 35 en caso de nacemento, adopción ou acollemento múltiple.
  16. Aumentase ao 7% a cota de vacantes para ser cubertas por persoas con discapacidade
  17. O persoal que, con efectos anteriores ao 7 de outubro de 1996, tivese recoñecida a condición de indefinido na súa relación laboral por sentenza xudicial firme ou por resolución da Subsecretaría de Traballo e Asuntos Sociais do 24 de xullo de 1997 en virtude das previsións contidas no Plan de emprego do Inem terá os mesmos dereitos que o persoal laboral fixo.

    Este persoal será obxecto de funcionarización mediante un procedemento selectivo que respecte os principios de igualdade, mérito e capacidade. O persoal que non participe ou que participando non supere o proceso de funcionarización conservará todos os seus dereitos como persoal laboral da Xunta de Galicia.

    O proceso de funcionarización deberase iniciar no prazo máximo de doce meses a partir da entrada en vigor desta lei.
  18. No prazo máximo de doce meses desde a entrada en vigor desta lei, a Xunta de Galicia convocará as probas selectivas para a realización dun proceso de funcionarización do persoal laboral fixo que ocupe prazas que, pola natureza das súas funcións, deban ser ocupadas por persoal funcionario, logo da valoración, a clasificación e a determinación dos postos de traballo afectados, que será aprobada polo Consello da Xunta de Galicia.
  19. O persoal funcionario que ocupe postos que, antes da entrada en vigor desta lei, estivesen clasificados como de libre designación e que, posteriormente, deixen de ter esta forma de cobertura seguirá a ocupar os mesmos postos de traballo ata a provisión destes.
  20. A Comunidade Autónoma galega desenvolverá, por unha soa vez por praza, un proceso selectivo de carácter extraordinario para a substitución de emprego interino ou temporal por emprego fixo.

As disposicións transitorias non teñen desperdicio.

Technorati Tags: , ,

Ande está a miña VISA?

12 de Noviembre de 2007

O ano pasado estiven sen o recibo do seguro do coche un mes polo dilixente servizo de correos que temos por estes lares. Dilixente extraviando correspondencia. Sen esquecer as dúcias de recibos que nunca chegaron amén de outras cartas de diversa índole.

Este ano, a parte dos consabidos recibos e incluso algún cheque de cuantía menor, a maís gorda que me fixo o servizo de correos foi perderme a tarxeta VISA. A maís gorda por agora; aínda falta por chegar o recibo do seguro do coche deste ano.

A lei do comercio e dos servizos públicos: “o consumidor sempre puteado”.

Technorati Tags: , ,

A rica productividade

7 de Noviembre de 2007

España sempre figura nos primeiros postos en canto a productividade dos traballadores…empezando por abaixo.

Antes de criticar aos demais é mellor criticarse a un mesmo.

Alterno xornadas altamente productivas con xornadas de productividade escasa. Son productivo cando teño que facer algún traballo e me din que ten que estar para onte. O resto do tempo fago as cousas para que estean rematadas no prazo previsto e punto.

Teño claro que os meus hábitos e os dos meus compañeiros de traballo determinan a nosa productividade. Velaiqui os meus hábitos diarios:

Son puntual na hora de entrar a traballar. Empezamos as 8 da mañán e as 8 estou no meu posto de traballo. A partir de aquí todo tende a lei do mínimo esforzo.

De 8 a 8 e media a tendencia natural é a de revisar o correo, leer as noticias e a maiores no meu caso darme unha volta por NBA.com para ver os resultados dos últimos partidos e dar unha ollada rápida a Cyberdunk haber que tal xogou o meu equipo virtual, cantos rebotes colleu Mana Zas e se Mutombon Bob consegue que o meu equipo deixe de perder case tódolos partidos. En resumo: media hora de productividade 0.

A partir desa hora, menos alguén que pode estar en modo off por dormir pouco ou porque a resaca apreta, empezamos a producir alternando cada x minutos coas búsquedas máis parvas no Google que sempre se me veñen a mente xusto cando estou disposto a poñerme coa tarefa máis díficil.

O primeiro descanso na xornada dura uns 10 minutos que sempre procuramos alargar hasta os 15. A partir dese descanso temos/teño un par de horas nas que se traballa ben salvo polas incidencias típicas de traballar con ordenadores: reiniciar o windows que se quedou frito, cuelgues de aplicacións e pijadillas varias. Esta fértil sesión productiva é oportunamente cortada por un descanso de 30 minutos que aproveitamos para tomar unhas cañas, laretar e zampar pinchos no bar de enfrente. Este descanso é un punto de inflexión; se no que vai de mañá non fixemos nada é bastante probábel que no que resta de día a tónica sexa a mesma. Pola contra se estivemos traballando procuramos seguir traballando para ter todas as tarefas pendentes rematadas antes do último descanso de 10 minutos (a 1 e media).

De 2 menos cuarto a 3 un procura rematar as cousas máis urxentes alternando pequenos momentos de navegación. A última media hora de traballo tende a ser como a primeira; correo, novas, … salvo que haxa tarefas urxentes por rematar.

O principal distractor da xornada laboral é sen dúbida internet. Se non tivéramos internet seguramente faría nun día o que fago en tres. Por outra banda internet é unha ferramenta de traballo fundamental para as nosas tarefas co cal estamos nun círculo vicioso. O que si fixen foi limitar ó mínimo as webs que visito, procuro non visitar ningunha web de novas en xeral (estou farto de atentados, políticos, guerras, sucesos, …) e perder o tempo só con webs con información que realmente me interese.

Como descargo direi que cando nos calcan traballo de verdade nin me lembro de mirar o correo e moito menos de vistar as webs de turno e que prefiro estar agobiado polo traballo que estar papando moscas diante do monitor. As mañás pasan moito máis rápido. A parte, desfruto co que fago. :)

Technorati Tags: