Seve

Posteando dende bretoña sobre as cousas que non pasan

Visto en 20minutos

??”El correo electrónico ha vuelto a perderse en un oscuro agujero del servidor; en cambio los rusos no tienen ningún problema” Palabras del primer comandante americano de la Estación espacial respecto de sus ordenadores con tecnología Microsoft (los rusos, claro, usaban Linux)??

Non me puiden resistir a pegar este comentario, podes velo completo “aquí”:http://www.20minutos.es/noticia/116641/1/#comentarios

  • 0 Comentarios
  • Arquivado en: Persoal
  • Ilusión

    De neno pensaba que todo era ilusión. Estaba case convencido que todo pasaba para que eu o vira ou reaccionara. Pensaba que a xente era unha especie de monicreques que só se limitaban a facer que “alguén” lles mandaba para que eu os observara.

    Cría que eu era o centro dunha especie de experimento no que era avaliado por un científico tolo que analizaba a miña forma de interactuar e reaccionar respecto a estímulos predeseñados por una “mente” caprichosa, malvada e macabra. Cheguei a pensar que tal vez era permanentemente observado (coma no “Show de Truman”) por algo, alguén, mortos, … Pensaba que tal vez o resto da xente sabía todo o que eu pensaba. Cheguei a estar aterrorizado en ocasións e o mesmo tempo cunha grande curiosidade por saber o que ese “observador” me tiña preparado. ¿Cál será a próxima putada? ¿Ónde me poñerás a proba? ¿Cándo me matarás? Iso foi cando tiña uns catro ou cinco anos, tal vez máis.

    Agora que son máis vello, máis cínico, máis descrido. Agora que xa me importa todo unha merda xa non penso que todo sexa unha ilusión: estou certo.

  • 0 Comentarios
  • Arquivado en: Microrelatos
  • Ti

    O santo foise;
    a nova era chegou.
    Agora só ti.

  • 0 Comentarios
  • Arquivado en: Haiku
  • A miña gran tortura chinesa

    O meu torturador é un taller o lado da miña casa que me castiga os tímpanos incesantemente día tras día.

    O compresor que fai un ruído (cada 15 minutos) como se estiveramos baixo un bombardeo e as baterías antiaéreas a repelelo. Os martelazos (PUM, PUM, PUM, e máis PUM) durante horas. Incesantes. Incansables. Os tractores que aparcan diante da miña porta acendidos por horas; claro, como teñen o gasoil subvencionado (que ganas teño de que se acabe o petroleo) expulsando fume diante da miña porta. Os aceites máis variados circulando alegremente pola rúa. Os camións e tractores cortando a rúa por horas. O fillo de mala nai que me rascou o coche co tractor e o calou como unha puta…

    Algunha veces imaxínome en plan Rambo solucionado o problema, outras imaxínome facéndoo en plan Bush, que é o mesmo sistema pero usando un B-52. Menos mal que non mal que cen anos dure nin corpo que o resista.

  • 0 Comentarios
  • Arquivado en: Persoal
  • “O Cruceiro”

    Poucos sitios máis agradables coñezo para tomar unha cervexa que a taberna “O Cruceiro” de A Pastoriza. A parte, débolle a eterna gratitude ó seu dono (Pepe) de me descubrir a Stanislaw Lem, figura inconmensurable da literatura de ciencia ficción.

  • 0 Comentarios
  • Arquivado en: Persoal
  • Ser can en Francos

    En Francos entre a moi voa xente que por alí vive tamén hai cando menos un poker de suxeitos (bestas pardas diría eu) que gozan facendo dano ós animais.

    Por iso o feito de que os meus cans estean alí e fonte continua de preocupacións. Sen rememorar tempos distantes si recordo cando o meu can apareceu envelenado (por sorte é un can forte) ou máis recentemente a “lesión” que sufriu nunha pata, da que inda está convalecente. Neste último caso non podo afirmar anque si sospeitar que fora causada intencionalmente por alguén, os precedentes fan que me incline por esta hipótese.

    En todo caso ese poker de carroñeiros con graves problemas de personalidade, amén de outros, fan que ser can en Francos sexa unha “profesión” de alto risco. Que llo digan ó can da miña infancia que morreu víctima dun dese ases da baralla fai xa máis de 15 años.

    O can

    O can chora
    vendo a pega voar
    sobre o outeiro.
    Ela voa,
    el é o dono da cadea
    que o encadea.

    Quixera voar coma ela
    para ver a terra,
    pero ha de morrer sen o poder facer
    por ser can
    e non ser pega.

  • 0 Comentarios
  • Arquivado en: Poesía
  • Neva

    Vento do norte,
    a xesta arrincada.
    Está nevando.

  • 0 Comentarios
  • Arquivado en: Haiku
  • Xardín

    Centos de herbas
    arrincadas a diario.
    Xardín florido

  • 0 Comentarios
  • Arquivado en: Haiku
  • Deus

    Negociei con Deus a miña vida
    pero pedinlle demasiado pouco
    confiando na súa xenerosidade
    e Deus so me deu a metade.

  • 0 Comentarios
  • Arquivado en: Poesía
  • Foto de un servidorNacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.

    Para contactar usa o seguinte email: seve [arroba] sevegarcia [punto] net (prometo contestar en canto teña un minuto libre).

    Para falar conmigo usando GoogleTalk: O meu emilio

    Para atoparme no Skype: seve_britonia

    PhotoStream

      Taramundi Taramundi Taramundi Taramundi Taramundi Taramundi Taramundi Taramundi

    Botóns

    Directory of Regional Blogs blogalego - buscando nos blogs en galego! blogaliza