Posteando dende bretoña sobre as cousas que non pasan
1 Feb
Parece que en Lugo existe unha innata afección pola caza. Esta sinalización está situada a beira do río Miño moi cerca da Ponte Vella de Lugo.
24 Ene
22 Ene
Este can apareceu pola miña casa fará uns 20 días. Se alguén o perdeu que se poña en contacto conmigo. Cando o atopei non tiña colar. É xogueton e cariñoso anque non se deixa tocar. Se alguén o quere adoptar… eu non me podo quedar con el. Se non aparece dono terei que chamar a protectora de Lugo para que o veñan a recoller.
12 Ene
Fixose eco a Cadena Ser, revistas, e supoño que outros medios. Chega a moda da Segunda Guerra Mundial… As librarías están cheas de novelas, ensaios, biografías, documentais, DVD’s, coleccións por fascículos…
Antes foi a moda pola Idade Media e a relixión: templarios, cátaros, inquisición, Dan Brown, misterios relixiosos e toda esa parafernalia.
Non sei moi ben a que se debe esta nova moda sobre a segunda guerra mundial. Supoño que alguén empezou a ver o filón comercial que supón a historia unha vez que que se lle quita todo o berniz académico e a natural tendencia da xente por todo o violento e oculto.
As figuras e eventos máis importantes da segunda guerra mundial creo que xa foron tratados ata a saciedade ,co que, salvo que se traten baixo un formato moi distinto ou revolucionario, Rommel, Hitler, Stalingrado, Normandía, Stalin, Von Paulus, as SS, a guerra no pacífico, a guerra submarina, …non dan máis de si.
Tamén creo que hai filóns que están aínda sen ser moi explotados ou que si admiten novas versións ou revisións a luz da documentación que se foi desclasificando e da que apareceu co desmenbramento da Unión Soviética. Os novos datos sobre a batalla de blindados máis grande da historia (Kursk), a historia dos pilotos alemáns máis destacados como Hans Rudel, a fundamental participación dos servicios secretos británicos para a derrota de Alemaña, as verdadeiras razóns que fixeron a Rudolf Hess voar a Gran Bretaña, a misteriosa morte de Hess, o razón pola que as bombas atómicas de Hiroshima e Nagasaki eran tan diferentes, que aconteceu coa tripulación do submarino U-234, os botíns de guerra tanto dos nazis como dos aliados, a ocupación xaponesa de Singapur, os “corsarios” alemáns no pacífico e no índico,…
11 Ene
Esta semana pasada tiven que escoitar como unha persoa me relataba algo que por repetitivo e esperado non deixa de enfurecerme. Esa persoa contoume o que lle aconteceu a un familiar seu (ao que coñezo).
Un, cando se entrega ao estudo sacrificando horas de ocio, de sono, de vida social e o mesmo tempo brega día tras día cun traballo agarda que cando menos o seu esforzo sexa valorado ou tido en conta para algo.
A persoa da que vou falar era por expediente a mellor en termos obxetivos, así o dictaban as súas cualificacións. Cando a institución académica na que cursaba os seus estudos ofertou un posto de traballo na que o único criterio de selección era o expediente académic, ela era a primeira na lista. Ese posto tiña que ser para ela. Pero…
…o posto non foi para ela. Por que? Porque ela non era filla dun dos xefeciños desa institución…
Benvidos a Endogamia, Comunidade Autonoma dun país chamado España.
28 Dic

Alguén se ten que estar poñendo as botas a conta dos que enchemos o depósito. Eso si, os concesionarios de coches xa poden empezar a vender bicicletas ou a regalar un coche con cada cartón de leite que se venda.
22 Dic
Un ano máis chega o Nadal. É como a declaración da renda, o Gran Irmán ou a gripe: periodicidade anual.
Millóns de persoas votanse a rúa cheos de espiritu navideño dispostos a queimar a súa VISA en compras ridículas que rematan nos faiados das casas pasados uns días. Un “El Dorado” anual para tendas e centros comerciais. Mentres, noutras partes do mundo, millóns de persoas morren de fame ou malviven con menos dun euro ao día.
Ese bonito balón de fútbol polo que pagamos 50 euros foi feito por un meniño paquistaní de 9 anos que cobra 50 euros ao mes traballando en xornadas de 15 horas diarias para a multinacional americana. Esa mesma que lle paga varias dúcias de millóns de dólares anuais a un fulano por darlle patadas a un balón feito por ese neno.
Este “estatus quo” que permite que o 25% da xente teña de todo e o 75% da xente non teña de nada é necesario mantelo cunha serie de políticas que son dictaminadas por as mega corporacións e lobbies económicos que controlan os destinos dos governos. Entre elas están: que as potencias occidentais apoien as governos corruptos nos paises pobres a cambio de ter barra libre para roubar os seus recursos naturais; dedicir que novos paises poden existir e cales non; escoller o proximo país a atacar para roubarlle o petróleo; crear un inimigo real ou ficticio co que atemorizar as masas dóciles…
Dentro duns días Papa Noel chegará chego de regalos para grandes e cativos, milleiros de fermosos animais de compañia serán regalados no Nadal; milleiros de fermosos animais de compañia serán abandoados no vran. Igual que o ano pasado, igual que o ano próximo.
Outro fermoso Nadal para que os mesmos do ano pasado poidan facer a mesma obstentación e que farán o ano que ben.
Agora que o cambio climático deixou de ser unha fumada de hippies e ecoloxistas, e os gobernos empezan a darnos leccións de como gastar menos enerxía, que bonito é ver as luces de Nadal en tódalas cidades do primeiro mundo alumeando a todo meter. Serán lámparas de baixo consumo?
Feliz Centro Comercial e prosperas rebaixas de xaneiro!
7 Dic
Esta fonte está no barrio da Igrexa, en Bretoña. Durante os anos 80 parábamos case tódolos días nela a beber cando saíamos da escola e aínda non había transporte escolar e, tamén, cando domingo tras domingo íamos ao catecismo. Hoxe fica abandoada, sen uso e case seca.
O interese desta fonte pódese ver nas fotos…


1 Dic
O meu can era Toni por esta razón:
27 Nov
Nacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.
Para contactar usa o seguinte email: seve [arroba] sevegacia [punto] net (prometo contestar en canto teña un minuto libre).