Seve

Posteando dende bretoña sobre as cousas que non pasan

NBA Dirk

dirk.jpg

Seguindo as instruccións de Oscar

Orixinal

  • 0 Comentarios
  • Arquivado en: Xeral
  • Culebrón Garbajosa

    Garbajosa

    Garbajosa

    Technorati Tags: ,

  • 1 Comentario
  • Arquivado en: Xeral
  • Onte voteille por primeira vez unha ollada as modificacións da Lei da Función Pública de Galicia. Non tiña nin idea dos cambios que contiña salvo a referente ao controvertido tema de pasar a ser concurso-oposición “libre” (mira que son cínicos).

    Foi a raiz deste cambio que deixei de malgastar o tempo en opositar (salvo algunha excepción) para adicar o meu tempo a cousas máis divertidas (SQL, php, pafetos,…). Por sorte ou desgraza, o feito de ter aprobado algún exame con boa nota e estar nos primeiros postos nas listas de sustitución nalgunha zona fai que cando menos teña que facer acto de presenza -e pago de taxas- no exame pertinente. Foi por iso que me deu por mirar as devanditas modificacións da Lei da Función Pública de Galicia.

    Cousas interesantes que atopei:

    1. Os procesos selectivos respectarán, en todo caso, os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade e efectuaranse polo sistema de concurso-oposición “libre” .
    2. Esta lei será de aplicación supletoria ao persoal de administración e servizos das universidades galegas.
    3. A Consellería de Función Pública levará un rexistro público coas titulacións académicas e as remuneracións percibidas polo persoal eventual.
    4. Poderase nomear persoal funcionario interino sen adscrición a praza dotada orzamentariamente. [...] Os nomeamentos por esta causa non poderán superar o 20% do total de persoal funcionario do centro directivo, nin o 3% do persoal funcionario da Xunta de Galicia.
    5. Os concursos para a provisión de postos de persoal funcionario deberán ser convocados cunha periodicidade anual e serán resoltos en 6 meses, dende a publicación das listas definitivas. A Administración da Xunta de Galicia poderá adscribir as funcionarias e os funcionarios a postos de traballo en distinta unidade ou localidade, logo de solicitude baseada en motivos de saúde ou rehabilitación do funcionario ou da funcionaria…
    6. Soamente se poderán cubrir polo sistema de libre designación con convocatoria pública entre persoal funcionario os postos de traballo de subdirectora ou subdirector xeral, as secretarías de altos cargos así como aqueloutros de carácter directivo ou de especial responsabilidade para os cales, excepcionalmente, así se determine nas relacións de postos de traballo.
    7. Nas probas selectivas que se realicen para o acceso ás prazas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, terase que demostrar o coñecemento da lingua galega. [...] as bases das convocatorias establecerán que unha ou máis das probas do proceso selectivo se deberán realizar exclusivamente en língua galega…
    8. …terán especial consideración os casos de mobilidade xeográfica das funcionarias vítimas de violencia de xénero.
    9. A administración pública velará para que non haxa menoscabo no dereito á carreira profesional dos funcionarios públicos que fosen nomeados altos cargos,…
    10. A excedencia para o coidado de familiares pasa a ser de ata 3 años. [...] O posto de traballo reservaraselle cando menos dous anos.
    11. Establecese unha excedencia de 6 meses ampliable hasta un máximo de 18 meses para as funcionarias vítimas de violencia de xénero.
    12. A Administración pública galega establecerá sistemas que permitan a avaliación do desempeño dos seus empregados. Terase en conta o grado de satisfacción dos cidadáns respecto dos servizos que lles presten.
    13. Os permisos de maternidade, paternidade, … poderanse acumular ao período ordinario de vacacións.
    14. Concedese un permiso retribuido dun máximo de 30 días para os casos de accidente ou enfermidade moi grave do cónxuxe, familiares de primeiro grado, familiares conviventes e acollidos.
    15. Permiso de paternidade de 29 días ou de 35 en caso de nacemento, adopción ou acollemento múltiple.
    16. Aumentase ao 7% a cota de vacantes para ser cubertas por persoas con discapacidade
    17. O persoal que, con efectos anteriores ao 7 de outubro de 1996, tivese recoñecida a condición de indefinido na súa relación laboral por sentenza xudicial firme ou por resolución da Subsecretaría de Traballo e Asuntos Sociais do 24 de xullo de 1997 en virtude das previsións contidas no Plan de emprego do Inem terá os mesmos dereitos que o persoal laboral fixo.

      Este persoal será obxecto de funcionarización mediante un procedemento selectivo que respecte os principios de igualdade, mérito e capacidade. O persoal que non participe ou que participando non supere o proceso de funcionarización conservará todos os seus dereitos como persoal laboral da Xunta de Galicia.

      O proceso de funcionarización deberase iniciar no prazo máximo de doce meses a partir da entrada en vigor desta lei.
    18. No prazo máximo de doce meses desde a entrada en vigor desta lei, a Xunta de Galicia convocará as probas selectivas para a realización dun proceso de funcionarización do persoal laboral fixo que ocupe prazas que, pola natureza das súas funcións, deban ser ocupadas por persoal funcionario, logo da valoración, a clasificación e a determinación dos postos de traballo afectados, que será aprobada polo Consello da Xunta de Galicia.
    19. O persoal funcionario que ocupe postos que, antes da entrada en vigor desta lei, estivesen clasificados como de libre designación e que, posteriormente, deixen de ter esta forma de cobertura seguirá a ocupar os mesmos postos de traballo ata a provisión destes.
    20. A Comunidade Autónoma galega desenvolverá, por unha soa vez por praza, un proceso selectivo de carácter extraordinario para a substitución de emprego interino ou temporal por emprego fixo.

    As disposicións transitorias non teñen desperdicio.

    Technorati Tags: , ,

  • 12 Comentarios
  • Arquivado en: Oposicións
  • Ande está a miña VISA?

    O ano pasado estiven sen o recibo do seguro do coche un mes polo dilixente servizo de correos que temos por estes lares. Dilixente extraviando correspondencia. Sen esquecer as dúcias de recibos que nunca chegaron amén de outras cartas de diversa índole.

    Este ano, a parte dos consabidos recibos e incluso algún cheque de cuantía menor, a maís gorda que me fixo o servizo de correos foi perderme a tarxeta VISA. A maís gorda por agora; aínda falta por chegar o recibo do seguro do coche deste ano.

    A lei do comercio e dos servizos públicos: “o consumidor sempre puteado”.

    Technorati Tags: , ,

  • 0 Comentarios
  • Arquivado en: Xeral
  • A rica productividade

    España sempre figura nos primeiros postos en canto a productividade dos traballadores…empezando por abaixo.

    Antes de criticar aos demais é mellor criticarse a un mesmo.

    Alterno xornadas altamente productivas con xornadas de productividade escasa. Son productivo cando teño que facer algún traballo e me din que ten que estar para onte. O resto do tempo fago as cousas para que estean rematadas no prazo previsto e punto.

    Teño claro que os meus hábitos e os dos meus compañeiros de traballo determinan a nosa productividade. Velaiqui os meus hábitos diarios:

    Son puntual na hora de entrar a traballar. Empezamos as 8 da mañán e as 8 estou no meu posto de traballo. A partir de aquí todo tende a lei do mínimo esforzo.

    De 8 a 8 e media a tendencia natural é a de revisar o correo, leer as noticias e a maiores no meu caso darme unha volta por NBA.com para ver os resultados dos últimos partidos e dar unha ollada rápida a Cyberdunk haber que tal xogou o meu equipo virtual, cantos rebotes colleu Mana Zas e se Mutombon Bob consegue que o meu equipo deixe de perder case tódolos partidos. En resumo: media hora de productividade 0.

    A partir desa hora, menos alguén que pode estar en modo off por dormir pouco ou porque a resaca apreta, empezamos a producir alternando cada x minutos coas búsquedas máis parvas no Google que sempre se me veñen a mente xusto cando estou disposto a poñerme coa tarefa máis díficil.

    O primeiro descanso na xornada dura uns 10 minutos que sempre procuramos alargar hasta os 15. A partir dese descanso temos/teño un par de horas nas que se traballa ben salvo polas incidencias típicas de traballar con ordenadores: reiniciar o windows que se quedou frito, cuelgues de aplicacións e pijadillas varias. Esta fértil sesión productiva é oportunamente cortada por un descanso de 30 minutos que aproveitamos para tomar unhas cañas, laretar e zampar pinchos no bar de enfrente. Este descanso é un punto de inflexión; se no que vai de mañá non fixemos nada é bastante probábel que no que resta de día a tónica sexa a mesma. Pola contra se estivemos traballando procuramos seguir traballando para ter todas as tarefas pendentes rematadas antes do último descanso de 10 minutos (a 1 e media).

    De 2 menos cuarto a 3 un procura rematar as cousas máis urxentes alternando pequenos momentos de navegación. A última media hora de traballo tende a ser como a primeira; correo, novas, … salvo que haxa tarefas urxentes por rematar.

    O principal distractor da xornada laboral é sen dúbida internet. Se non tivéramos internet seguramente faría nun día o que fago en tres. Por outra banda internet é unha ferramenta de traballo fundamental para as nosas tarefas co cal estamos nun círculo vicioso. O que si fixen foi limitar ó mínimo as webs que visito, procuro non visitar ningunha web de novas en xeral (estou farto de atentados, políticos, guerras, sucesos, …) e perder o tempo só con webs con información que realmente me interese.

    Como descargo direi que cando nos calcan traballo de verdade nin me lembro de mirar o correo e moito menos de vistar as webs de turno e que prefiro estar agobiado polo traballo que estar papando moscas diante do monitor. As mañás pasan moito máis rápido. A parte, desfruto co que fago. :)

    Technorati Tags:

  • 1 Comentario
  • Arquivado en: Persoal
  • Uns 300.000 españoles forón víctimas de estafas a través de internet cunha cantidade estafada promedio de 600 euros. Eu, anos atrás, tamén fun víctima dunha estafa a través de internet.

    No meu caso tratouse dun cargo de 1.300 euros na miña VISA realizado nunha tenda en Estambul. Por sorte, VISA encargouse de todo e recuperei os meus cartos. A denuncia que presentei só serviu para ver como un axente escribía nun ordenador cun dedo.

    Nos últimos anos púxose de moda a estafa tipo phishing que consiste en que alguén facéndose pasar pola nosa entidade bancaria nos manda un email para que actualicemos os nosos datos bancarios nunha web que simula ser a web do noso banco.

    En moitos casos esas webs son crackeadas aproveitando unha falla de seguridade e o dono da web non ten nin idea de que o seu dominio está sendo usado para estas actividades delictivas: esto tamén me pasou. Tiven a desgraza de mercar un script pésimo e con máis buracos de seguridade ca os meus calcetins. Un deses buracos foi usado por un amigo do alleo para subir unha páxina falsa simulando ser a dunha entidade bancaria. Por sorte, a cousa foi detectada rápidamente.

    Tras o acojone inicial, recopilei todos os datos dos que dispuña e púxenme en conctacto coa unidade de delitos telemáticos da policia nacional para dar conta dos feitos con toda a información da que tiña e deixando os meus datos para calquera contacto. Ata hoxe.

    Catro meses despois; nin me contestaron. Ou están moi ocupados, ou pasan de todo, ou non lles interesan este tipo de delitos e prefiren perseguir a inmigrantes que venden a última vomitada de Bisbal.

    Technorati Tags: ,

  • 0 Comentarios
  • Arquivado en: Persoal
  • Mercando en amazon

    Hoxe chegoume o primeiro pedido que fixen a amazon. Nunca fixera un. Curioso. Xa era hora de probar.

    En fin, que teño mercado en moitas tendas online pero curiosamente nunca o fixera na máis famosa de todas elas. Ata agora.

    A principal razón para facelo foi por un lado prezo dos productos e por outro a posibilidade de adquirir libros que sería moi díficil por non dicir imposibel mercar en tendas convencionais ou en librarías online nacionais.

    Amazon é xa de seu unha tenda onde os libros están moi baratos, pero a iso temos que sumar a deprezación do dolar fronte ao euro. Total, que os prezos son caralludos.

    O proceso para mercar é similar a outras tendas online. Vótase en falta a posibilidade de pagar con Paypal.

    Libros Amazon

    A miña compra entra dentro do calificativo de geek: A biografía de Steve Wozniak (iWoz), Revolution in the Valley, Head First HTML with CSS & Xhtml e Beginning PHP and MySQL 5. Dous por pracer e dous por traballo.

    Head First HTML with CSS & Xhtml é moi ameno e visual orientado para un público novato pero que pode ser un boa guía de consulta para xente que xa ten un coñecemento de html e css. Beginning PHP and MySQL 5 é un completisimo libro de case 1.000 páxinas para principiantes e iniciados sobre PHP e MySQL.

    iWoz e Revolution in the Valley interesarán aos afeccionados a informática en xeral e os macpatizantes en particular.

    Prezo

    Sobre o prezo direi que polo que me costaron os catro libros aquí daría mercado como moito dous. Por exemplo, Beginning PHP and MySQL 5 custou $29.69 pero curiosamente impreso na contraportada marca $44.99. Aquí un libro destas características andaría polos 60€.

    Prazos

    O pedido foi formalizado o día 12 de outubro e chegou o día 29 de outubro.

    Incidencias

    Caixa Amazon

    Como única incidencia resaltar que o paquete que contiña os libros mollouse nunha esquina e que isto afectou lixeiramente a un dos libros. Afortunadamente viñan envoltos dentro dun plástico que evitou danos maiores. E imposible saber onde se mollou ou que servicio postal foi o responsable pero visto como tratan os paquetes tanto os servizos privados como o servizo de correos entra dentro das incidencias previsibles.

    Os gastos de envío

    $19.95 de gastos de envío e de empaquetado. Tendo en conta que ven dende Estados Unidos e que era un paquete bastante pesado está moi ben comparado co que cobran por estes lares por un envío nacional.

    Technorati Tags:

  • 2 Comentarios
  • Arquivado en: Libros
  • Ese traballo

    Que bonito é o traballo cando é gratificante e ben pagado. Din que existe pero é como os billetes de 500 euros: ninguén o ten salvo os políticos, banqueiros e construtores.

    Eu estou moi contento co meu traballo actual. Pena que non sexa para sempre. Pena que non estea un pouco mellor pagado. Pasar 7 horas diante dun ordenador para moitos pode ser un calvario; para min unha bendición. Un vicio. Unha adicción.

    Non é duro, anque si extresante en certas ocasións. Nalgúns momentos pode parecer aburrido pero o pracer de crear algo para que outros o vexan non deixa de ser a mellor gratificación.

    O ambiente e os compañeiros non hai cartos que os paguen: teño sorte. Canta xente está cun sorriso na boca 7 horas diarias?

    A única desventaxa son os 100 kilometros diarios de coche para ir e volver. Pero acepto con gusto, ou iso ou optar por unha das salidas laborais que hai no rural (ningunha).

    Santa Combiña! Que dure!

    Technorati Tags:

  • 1 Comentario
  • Arquivado en: Persoal
  • Toni

    Toni

    Technorati Tags:

  • 2 Comentarios
  • Arquivado en: Persoal
  • Primeira experiencia con Vista

    Onte tiven a oportunidade de traballar por primeira vez con ordenador con Vista instalado. Foi, como non, facendo de técnico non oficial de Microsoft.

    O equipo era un portátil de Packard Bell bastante bonito e bastante grande como para poder chamarse portátil. O primeiro que ves é que o inicio do sistema e lentísimo e tes que armarte de paciencia. É incribel que un sistema operativo vai tan lento nun equipo novo do trinque. Róncalle o nabo!

    Unha vez que arrinca, a verdade é que non ves nada de particular con respecto a un XP e incluso quédase algo soso comparado cun Tiger. Mogollón de asistentes pero o que usei non funcionou para desesperación miña. En fin, que tampouco lle din moitas voltas, que era fin de semana e había cousas máis interesantes que facer.

    Pero ese jodido Vista vaime dar bastantes dores de cabeza nas próximas semanas ou meses.

    Diagnose clara: ese equipo necesita instalar Ubuntu canto antes. Pero… vai ser que non.

    Sobre os Packard Bell nunca tiven unha opinión positiva: quedou confirmada. O monitor pareceume do peor e agardo que non dea problemas porque coa fama que ten o servicio técnico desta empresa a cousa pode ser de órdago.

    Technorati Tags: , ,

  • 1 Comentario
  • Arquivado en: Persoal
  • Foto de un servidorNacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.

    Para contactar usa o seguinte email: seve [arroba] sevegacia [punto] net (prometo contestar en canto teña un minuto libre).

    Para falar conmigo usando GoogleTalk: O meu emilio

    Para atoparme no Skype: seve_britonia

    Botóns

    Directory of Regional Blogs blogalego - buscando nos blogs en galego! blogaliza