Seve

Posteando dende bretoña sobre as cousas que non pasan

U-la conexión inalámbrica?

Unha das promesas electorais que levaban case tódolos partidos era o impulso do acceso a internet no noso concello. Concretamente un partido tiña no seu programa implantar acceso inalámbrico no concello. Todo iso está moi ben: se se fai.

Agora resulta que tódolos concellos da redoada terán aceso a internet inalámbrico menos éste. Ribeira de Piquín, Riotorto, Mondoñedo, Pol; si, A Pastoriza; non. Supoño que tocará esperar uns cantos aniños máis…

Mentres en Lugo -capital- hai tantas redes dispoñibles que non collen na ventá do KisMAC. Que mal repartido está o mundo!

Technorati Tags: ,

  • 0 Comentarios
  • Arquivado en: Xeral
  • Vim

    No meu traballo actual paso sete horas diarias diante dun PC. Son moi afeccionado a descargar e probar software, sempre en busca de algo mellor, máis eficiente, máis fermoso,… Iso fai que no meu PC do choio haxa uns sete ou oito editores, catro navegadores e moita outra zarapallada.

    Pasamos gran parte do día picando ou tentando picar código e de cando en cando son reclamado para axudar a montar algún curso que ten que estar listo para onte.

    Iso fai que necesite un editor que aumente o máximo a miña escasa produtividade. Despois de probar dúcias de editores e maldicer o feito de non poder usar Textmate rematei usando un vello coñecido: VIM. Ten unha curva de aprendizaxe bastante ampla, é estéticamente feo pero funciona as mil maravillas. Non fai as “guarradas” que fai o Dreamweaver e sobre todo: unha vez collido o tranquillo é ultraveloz.

    Technorati Tags: ,

    Por se hai dúbidas

  • 0 Comentarios
  • Arquivado en: Xeral
  • Sobre os críos

    Non podo estar máis de acordo:

    Pero la triste y cierta realidad es que hay que pasar pruebas físicas y un complejo examen teórico y práctico para conducir un coche pero cualquier desgraciado puede traer un crío al mundo.

    El Sentido de la Vida

  • 0 Comentarios
  • Arquivado en: Frases
  • O fracaso do carné por puntos

    Se algo se constatou este verán foi o claro fracaso do famoso carné por puntos que tantas expectativas levantara. Non foi mala idea, nen moito menos, pero querer solucionar tódolos problemas de tráfico co devandito carné é como querer que che toque a lotaría sen xogar.

    O carné por puntos sendo unha gran forma de atallar parte das cafradas ó volante, responsables de unha boa porcentaxe dos acidentes nas nosas estradas, serviu só para que aparecera en escena un lucrativo negocio tanto para académias, o estado e os propios condutores que venden parte dos seus puntos a outros conductores con total impunidade.

    O governo, a falta de ideas máis imaxinativas, sempre resolve os problemas criminalizando ós cidadáns en vez de tomar en serio o asunto dos acidentes de tráfico e poñer solucións e non parches como é o habitual.

    A parte dos propios condutores hai outros culpábeis no peliagudo asunto da sinistralidade viaria que se saen de rositas:

    // Infraestructuras vergoñentas

    O estado da maioría das estradas do país é absolutamente lamentábel. Propio de países do terceiro mundo. De cando en cando o estado saca o caramelo dunha nova autoestrada para dar a ver que se melloran as infraestructuras pero estradas nacionais e locais que soportan unha gran densidade tráfico e nas que acontecen a maioría dos acidentes, están nun estado de abandono absoluto. Como moito son parcheadas cun pouco de alcatrán cando se achegan a eleccións de turno.

    // As marcas de coches

    A tendencia das marcas e captar compradores, sobre todo xente nova, ofrecendo módelos de coches cada vez máis deportivos e potentes. Que sentido ten un coche utilitario con 200 cabalos? Non hay marca que non teña unha motorización, como mínimo, de carácter racing ou deportivo en cada modelo da súa gama. Alguén lle tiña que explicar ós fabricantes de coches que as estradas non son circuitos de carreiras. O governos, que serían os encargados de regular estas cousas, miran cara outro lado para poder seguir recadando impostos suculentos proporcionados por este tipo de vehículos.

    //A Publicidade

    A publicidade tanto das propias marcas de coches como as de outros produtos fomentan unha visión dos coches como un instrumento co que fardar ó toma-lo como instrumento de estatus. É fácil enganar a xente. Cantas veces escoitei:

    -Ese coche é unha merda, só ten 100CV.

    Nunha sociedade ultramaterialista que se rexe por canóns impostos pola indústria e o comercio fomentase directa ou subliminalmente o feito que canto máis potente, canto máis corra, canto máis racing sexa: mellor. Afortunadamente as mulleres neste ámbito soen ter algo máis de sentido común cos homes.

    // Os encargados de velar pola seguridade vial non predican co exemplo

    Como lle vamos pedir a xente que non beba ou que respete os límites de velocidade se as autoridades que en teoría velan pola nosa seguridade non o fan:

    Non fai moitos días fun adiantado por dúas motos da Garda Civil de Tráfico xusto antes de entrar nunha zona limitada a 50 Km/h: eu reducín miña velocidade; eles non.

  • 3 Comentarios
  • Arquivado en: Persoal
  • As vantaxes e Google Earth

    Google Earth é unha ferramenta fantástica. Iso si, usábel só polos que teñen a sorte de ter banda larga. Vale, aceptamos o ADSL que hai en España como banda larga.

    Nas zonas rurais, coma na que vivo, serve para ver como se distribuen os núcleos de povoazón, os tamaños das fincas, as zonas plantadas, as zonas de monte, … Outra das utilidades, a máis interesante, é que podemos ver dende o ar tódalas chapuchas e desfeitas urbanísticas que se comenten o longo e ancho do país. A mariña lucense, acojona.

    Tamén pode servir para darse unha idea dos “celebros” pensantes que temos nesta terriña, por exemplo, divisando dende o ar a ubicación dunha piscina xusto debaixo dunha liña de alta tensión, construcións ilegais no medio do monte, vertedoiros ilegais do tamaño dunha cancha de baloncesto, …

    Para mexar e non botar pinga na maioría dos casos!

    Pos suposto tamén serve para albiscar cousas fermosas, que ainda está a nosa terra chea delas, por sorte para todos os que gozamos da natureza e das paisaxes.

    Os mozos de Google racharon coa pana cando sacaron tan tremenda ferramenta, para máis inri, GRATIS!

    Technorati Tags: ,

  • 0 Comentarios
  • Arquivado en: Persoal
  • Bluegravity

    Curiosas as voltas que da a vida, este blog aloxase dende fai un par de días no meu primeiro hosting de pago que tiven a finais de 1999: Bluegravity. Son caros, estrictos, non se pode facer nada no panel de control (non hai Cpanel, Ensim, ni nada similar), teño que pedir as bases de datos ou engadir dominios vía email pero son a mellor empresa de hosting que coñecín.

    Technorati Tags: ,

  • 0 Comentarios
  • Arquivado en: Novas
  • Crónica do Lugansad 2007

    Un ano máis a Festa Celta de Bretoña quedou xa atrás e é tan só un recordo: un bo recordo. Era difícil facer cábalas antes da festa sobre cal sería o resultado; se gustaría, se habería xente, e moitos outros ses que non serían desvelados ata o día do festival.

    Tras un parón como o acontecido nos anos anteriores a incertidume era, se cabe, moito maior… malia todo, a ilusión e as ganas non faltaron e con esa ilusión foronse suplindo os atrancos que puideron xurdir en momentos determinados. Foi curioso e agradable comprobar a boa resposta e acollida que tivo a Festa Celta de Bretoña este ano.

    Tamén comprobamos como, ano tras ano, xente en maior ou en menor medida se segue sumando a este proxecto e aportando o seu gran de area que por pequeno que poida ser fai que o conxunto medre e sexa forte.

    O día tres de agosto foi un día atarefado, largo, duro pero tamén paixonal, festivo e intenso. Non houbo parón nin respiro tanto para os de aquí coma para os de fora.

    As actividades escomenzarón de tarde con unha boa ración de teatro, arpa e gaitas que fixo que os visitantes máis temperáns puideran pasar a tarde entretidos mentres agardaban a que a lúa fixera acto de presencia. Mentres no Coto da Auruxeira dábanse os últimos retoques preparando o que estaba por vir. Algunhas persoas empezaron a achegar ó coto durante a tardiña para dar unha volta, sacar algunha foto ou simplemente botar unha ollada. Uns era a primeira vez que viñan; outros eran veteranos da festa.

    Cando paulatinamente a cantidade de luz empezou a diminuir o Coto da Auruxeira escomenzou a cambiar, a mutar, a converterse nese lugar sombrío e escuro pero ó mesmo tempo cálido que fai desta festa e deste coto un lugar especial. Paulatinamente foronse prendendo as candeas que ían iluminar o paseo fluvial e o camiño da entrada sendo o presaxio que anticipa o comezo da festa.

    As pallozas preparadas; cheas de liscos e beberaxes. Os músicos listos; ansiosos por escomenzar a tocar. A xente desexosa de pasar unha noite feiticeira nun coto pequeno nun extremo da chaira.

    E a música soou; rusos, galegos dando vida ós seus intrumentos quentado o ambiente coa boa axuda da cervexa.

    Como é tradición non faltou o conxuro da quemada e o prato forte da festa celta: as vodas celtas oficiadas por Aneiros. Vodas escasas pero vodas o fin e o cabo. A alerxia as vodas parece que tamén chega as vodas celtas. Despois máis festa, máis musica e traxes de época. O frío das pernas quitouse a base de queimada.

    Non faltaron a esta cita clásicos personaxes que ano tras ano pasan por Bretoña e non desapercibidos precisamente.

    Bebeuse menos, quen sabe por que; tal vez teña algo que ver o do carné por puntos. A ollo diría que se consumiu un 50% menos de bebida que en pasados festivais. Certo é tamén que había menos xente. O lado positivo de todo isto e que non se produciu un colapso nas barras das pallozas como era habitual e o número de pelmas cheos hasta as trancas foi case inexistente. En anos anteriores de unha a tres da maña servir copas era unha tortura chinesa pero este ano foi coser e cantar.

    Festa-Celta-Lugnasad-2007

    Andábase ben polo campo, a xente portouse ben en xeral salvo algún gracioso que adicou o seu tempo libre apagar toda canta candea atopou. Vendeuse cerámica, camisolas e chaveiros. Agardo que algún libro tamén. O final da noite un espontáneo puxo o climax festivo facendo un streptease integral que fixo as delicias das mozas que quedaban. Incluso recibiu ofertas monetarias para facer un segundo pase.

    Non foi unha festa tan longa coma en ocasións anteriores, a sete e media estabamos todos camiño da cama con case todo recollido e a procura dun bar onde tomar un café. Non houbo sorte.

    Foi fermosa, elegante e rápida: a Festa Celta do Lugnasad de Bretoña.

    Technorati Tags: , , ,

  • 2 Comentarios
  • Arquivado en: Novas
  • Visto o prezo dos libros, mellor tirar de webs gratuitas, e como diría un amigo meu “gustanme todas:)

    HTML e CSS:
    http://www.gotapi.com/html
    http://htmlref.com/
    http://www.htmlcodetutorial.com/
    http://www.htmlpoint.com/
    http://www.cssplay.co.uk/
    http://snipplr.com/

    A Posibilidade dunha illa

    “A vida sexual do home divídese en dúas fases: a primeira, na que exacula demasiado rápido, e a segunda na que xa non se empalma”



    Michel Houellebecq

    Technorati Tags:

  • 1 Comentario
  • Arquivado en: Frases
  • Foto de un servidorNacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.

    Para contactar usa o seguinte email: seve [arroba] sevegacia [punto] net (prometo contestar en canto teña un minuto libre).

    Para falar conmigo usando GoogleTalk: O meu emilio

    Para atoparme no Skype: seve_britonia

    Botóns

    Directory of Regional Blogs blogalego - buscando nos blogs en galego! blogaliza