Seve

Posteando dende bretoña sobre as cousas que non pasan

Antes e agora

Antes sabías que a metade eran para amigos, parentes e similares e a outra metade eran para o resto dos mortais; agora sabemos que unha parte é para amigos, parentes e similares e a outra para os que xa están dentro. O resto dos mortais xa non existen a efectos prácticos…

Enlace

«Na Xunta acabouse entrar pola porta de atrás» -Touriño dixit

MINTIROSO!!

El Páis
La región
El Correo Gallego

Update: Tamén se tomaron molestia de baixar de 2 a 3 o numero de respostas erradas para que resten un punto. Máis facilidades imposíbel, salvo que empecen tamén a filtrar por raza, cor, relixión…que todo se andará…

  • 0 Comentarios
  • Arquivado en: Oposicións
  • Por fin están pechadas as actividades da Festa Celta para este ano. Destaca como novidade que teremos algo de teatro e un concerto de arpa céltiga pola tarde.

    O programa completo podese consultar aquí

  • 10 Comentarios
  • Arquivado en: Novas
  • Cando un, por diversos motivos ten que usar un sistema operativo que fai tempo que non usa atopa o problema de atopar equivalentes para os programas que usa no seu sistema operativo habitual. Isto pasame especialmente con dúas ferramentas: Textmate e CSSEDit. Despois de buscar din atopado un par de editores que poder ser equivalentes (máis ou menos) de Textmate.

    E-textEditor é un clon practicamente idéntico a Textmate pero para plataformas Windows. É tan facil de usar como Texmate e ten as mesmas funcionalidades. Costa 35 $

    Intype é outra ferramenta moi parecida a Textmate que se pode descargar de forma gratuita anque polo de agora está en estado Alfa, pero é plenamente funcional. Polo de agora gratis.

    De CSSEdit sigo buscando…

    Ben, pese a que o tempo libre é inexistente e xa non teño dispoñible unha conexión decente a internet cado necesito non me puiden resistir a facer tamén directorio con restauramtes da nosa comunidade. Como non podía ser doutra maneira está en fase de probas e seguirá en fase de probas por anos. A páxina en cuestión é Restaurantes en Galicia, non ten nada de particular pero permite poñer fotos dos restaurantes, ordenalos por comarcas e poder ser votados polos visitantes.

    Haber se estes cans de Telefónica, despois da multa que lles puxo a comisión europea, empezan dotar como deus manda ó rural galego con conexións de alta velocidade.

    Ando a fochicar algo, non tanto como quixera, nalgúns proxectos web. Este é o caso de Casas de Turismo Rural en Galicia, un directorio de casa rurais galegas que estou a construír orientado basicamente a público hispanofalante.

    Polo de agora aínda queda moito traballo pero teño cando menos claro o obxectivo primordial:

    1. Tentar de aparecer na primeira páxina de resultados tanto en Google coma en Live polas frases “casas de turismo rural en Galicia” e “turismo rural gallego”.

    Sei que é unha tarefa que me vai levar tempo sobre todo porque teño por diante dominios antigos e con bo contido pero se fora fácil non tería gracia :)

    Technorati Tags: ,

    Existe unha ferramenta para saber canto tarda en cargar a nosa web ou calquera outra pola que teñamos curiosidade. Sempre pode ser útil para darnos unha de canto tardan en cargar os gifs horripilantes que mangamos noutra web…

    A ferramenta en cuestión chamase WebWait

    Webwait

    Visto en WebmasterLibre

    Technorati Tags: ,

    Conseguir aparecer na primeira páxina nos resultados que Google mostra para unha determinada busca garántenos visitas frescas e constantes as nosas webs.

    Optimizar una páxina web para aparecer nos primeiros postos en Google é un traballo laborioso pero, para nada, complexo.

    O noso traballo debería empezar xa antes de votala nosa web a andar facendo dúas cousas:

    1.Elixindo un dominio que conteña a nosa principal palabra clave: Isto benefícianos non só en Google senón que a hora de enviar a nosa web ós distintos directorios, moitos son moi estritos coas palabras que podemos utilizar como título.
    2.Escollendo un hosting cun mínimo de calidade: O mellor sempre é un servidor dedicado, sobre todo se se trata dun proxecto con moitas expectativas, pero, dado o seu prezo, seguramente amañemos ben con algún hosting compartido de empresas como Servage, Site5, Dreamhost, … Empresas moi económicas e que non están mal de todo na relación calidade/prezo.

    Unha vez temos dominio e hosting debemos empezar a optimización da nosa web. Estas son algunhas cousas a ter en conta:

    1.Colocar a nosa “frase clave” no título: Debemos poñer as noas palabras clave maís importantes no título da nosa web, na etiqueta title.
    2.Colocar a nosa “frase clave” na etiqueta h1: Debemos usar sempre as etiquetas h1, h2, h3, … para resaltar o noso contido máis importante pero sen abusar. H1 é ideal para títulos e h2 e h3 para subtítulos e seccións.
    3.Usar a etiqueta strong para resaltar contidos: strong é unha etiqueta moi útil sempre que non abusemos dela.
    4.Usar o atributo title nos nosos enlaces internos: Usarámola para poner nela o título da páxina que vamos a enlazar.
    5.Usar o atributo alt nas imaxes do noso sitio web: A parte de alt tampouco está de máis usar o atributo longdesc para poñer unha descrición larga da imaxe que estamos a mostrar.
    6.Non poñer as mesmas meta etiquetas en tódalas follas da nosa web: As meta etiquetas deben estar adaptadas a cada páxina, sobre todo a descrición xa que keywords hoxe en día non ten peso na maioría dos buscadores.
    7.O contexto: Se queremos saír ben posicionados polas keywords “Coches usados” en vez de repetir nun texto trinta veces “coches usados” facendo que quede completamente ilexible para os usuarios usaremos o contexto para reforzar e enfatizar a nosa keyword principal; “de segunda man”, “seat”, “Concesionarios”, “compraventa”, … A densidade de keyword hoxe en día non é un factor moi importante e caso de abusar intencionadamente podemos chegar a ser penalizados nas pesquisas.
    8.Contido de calidade: ¨É mellor escribir un artigo bo ó mes que escribir cinco malos.
    9.Centrarse nun tema concreto: As web que son un batiburrillo de temas téñeno peor a hora de posicionarse que aquelas que se centran en algo concreto. Na bolsa so recomendan diversificar os que non teñen nin idea de bolsa!
    10.Sitemap: Un mapa do sitio simple e facilmente lexible polos motores de busca sempre axuda a facilitar o traballo de indexación.
    11.Enlazar sitios relacionados con pagerank alto: Debemos enlazar webs similares a nosa e que sexan de calidade. Con esto conseguimos dúas cousas: 1). Ofrecer ós nosos visitantes un valor adicional. 2). Tal vez o webmaster do sitio nos devolva o favor se a nosa web lle gusta. :)
    12.Conseguir que a xente enlace os teus artigos ou contido: Ver punto 8.
    13.Engadir a web a directorios: Hoxe en día a maioría dos directorios non envían visitantes pero é importante aparecer neles para conseguir enlaces entrantes de calidade que nos axudará a hora de pelexar con Google. Debemos enviar a nosa web a tódolos directorios que poñan enlaces válidos para Google. Ollo cos nofolow…

    Technorati Tags: , ,

    A google non lle gusta AJAX

    Estes días estiben a probar unha template (AjaxBerlee) para wordpress moi fermosa, moi moderna, moi AJAX pero moi pouco SEO.

    O resultado de usala foi caer en Google dende a primeira páxina no top 10 por moitas buscas a pasar a terceira ou cuarta páxina. Foi cambiar a plantilla e voltar ós primeiros postos anteriores.

    Technorati Tags: ,

  • 0 Comentarios
  • Arquivado en: Novas
  • Benito Guerreiro é un galego que está a dar tres voltas Galiza en bici de montaña e de paso contar contos a todos os que o queiran escoitar. Hoxe estivo por Meira con algún problemilla técnico na súa bici. Espero que a súa aventura remate con éxito.

    Esta é a súa páxina web onde ten o diario de viaxe. Por certo, ten unhas pegatas ben fermosas para promocionar a web

    Technorati Tags: ,

  • 0 Comentarios
  • Arquivado en: Novas
  • Son cousas do pasado. Atraín visitas con elas en tempos pretéritos. Pode que xa non funcionen. Son técnicas empregadas entre 1999 e 2004 en distintas webs de carácter comercial cando as cousas funcionaban de outra maneira.

    1. - Apuntarse a tops: Hoxe non son moi populares pero fai uns anos había milleiros. A cousa é apuntarse a tops pequenos con pouco tráfico para poder aparecer nos primeiros postos sen moito esforzo. Apuntarse a un top con moitas visitas e webs indexadas é unha perda de tempo xa que nin anque enviemos tres trillóns de visitas diarias apareceremos nos primeiros postos. Outro factor é deseñar un banner suxerinte que sempre axuda a pescar incautos.

    Se usamos publicidade como adsense ou similar tamén é interesante apuntarse a tops guiris xa que pese a que as visitas non entenderán nin papa sempre poden facer click nalgún anuncio.

    2. - Poñer a data da próxima actualización: Poñendo a data na que vamos a actualizar conseguiremos que ese día suban as visitas.

    3. - Engadir a nosa páxina web a dmoz.org: Estar incluído en dmoz.org axuda bastante a estar ben posicionado en Google. É bastante importante ser coidadoso co título e a descrición que poñamos en dmoz.org. A parte dmoz.org serve de base de datos a ducias de directorios.

    4. - Intercambiar enlaces con páxinas de temáticas similares a nosa: Obvio, pero o egoísmo de moitos webmaster fai que sexan incapaces de ver algo tan claro.

    5. - Contido de calidade: A máis importante. Fará que teñamos visitas recorrentes. É tamén a máis difícil.

    Hai milleiros de ideas máis pero xa haberá tempo para comentalas.

    Technorati Tags:

    Foto de un servidorNacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.

    Para contactar usa o seguinte email: seve [arroba] sevegacia [punto] net (prometo contestar en canto teña un minuto libre).

    Para falar conmigo usando GoogleTalk: O meu emilio

    Para atoparme no Skype: seve_britonia

    Botóns

    Directory of Regional Blogs blogalego - buscando nos blogs en galego! blogaliza