Posteando dende bretoña sobre as cousas que non pasan
6 Jul
Ben, pese a que o tempo libre é inexistente e xa non teño dispoñible unha conexión decente a internet cado necesito non me puiden resistir a facer tamén directorio con restauramtes da nosa comunidade. Como non podía ser doutra maneira está en fase de probas e seguirá en fase de probas por anos. A páxina en cuestión é Restaurantes en Galicia, non ten nada de particular pero permite poñer fotos dos restaurantes, ordenalos por comarcas e poder ser votados polos visitantes.
Haber se estes cans de Telefónica, despois da multa que lles puxo a comisión europea, empezan dotar como deus manda ó rural galego con conexións de alta velocidade.
26 Jun
Ando a fochicar algo, non tanto como quixera, nalgúns proxectos web. Este é o caso de Casas de Turismo Rural en Galicia, un directorio de casa rurais galegas que estou a construír orientado basicamente a público hispanofalante.
Polo de agora aínda queda moito traballo pero teño cando menos claro o obxectivo primordial:
Sei que é unha tarefa que me vai levar tempo sobre todo porque teño por diante dominios antigos e con bo contido pero se fora fácil non tería gracia
Technorati Tags: seo, turismo rural
25 Jun
Existe unha ferramenta para saber canto tarda en cargar a nosa web ou calquera outra pola que teñamos curiosidade. Sempre pode ser útil para darnos unha de canto tardan en cargar os gifs horripilantes que mangamos noutra web…
A ferramenta en cuestión chamase WebWait
Visto en WebmasterLibre
Technorati Tags: páxina web, WebWait
Conseguir aparecer na primeira páxina nos resultados que Google mostra para unha determinada busca garántenos visitas frescas e constantes as nosas webs.
Optimizar una páxina web para aparecer nos primeiros postos en Google é un traballo laborioso pero, para nada, complexo.
O noso traballo debería empezar xa antes de votala nosa web a andar facendo dúas cousas:
1.Elixindo un dominio que conteña a nosa principal palabra clave: Isto benefícianos non só en Google senón que a hora de enviar a nosa web ós distintos directorios, moitos son moi estritos coas palabras que podemos utilizar como título.
2.Escollendo un hosting cun mínimo de calidade: O mellor sempre é un servidor dedicado, sobre todo se se trata dun proxecto con moitas expectativas, pero, dado o seu prezo, seguramente amañemos ben con algún hosting compartido de empresas como Servage, Site5, Dreamhost, … Empresas moi económicas e que non están mal de todo na relación calidade/prezo.
Unha vez temos dominio e hosting debemos empezar a optimización da nosa web. Estas son algunhas cousas a ter en conta:
1.Colocar a nosa “frase clave” no título: Debemos poñer as noas palabras clave maís importantes no título da nosa web, na etiqueta title.
2.Colocar a nosa “frase clave” na etiqueta h1: Debemos usar sempre as etiquetas h1, h2, h3, … para resaltar o noso contido máis importante pero sen abusar. H1 é ideal para títulos e h2 e h3 para subtítulos e seccións.
3.Usar a etiqueta strong para resaltar contidos: strong é unha etiqueta moi útil sempre que non abusemos dela.
4.Usar o atributo title nos nosos enlaces internos: Usarámola para poner nela o título da páxina que vamos a enlazar.
5.Usar o atributo alt nas imaxes do noso sitio web: A parte de alt tampouco está de máis usar o atributo longdesc para poñer unha descrición larga da imaxe que estamos a mostrar.
6.Non poñer as mesmas meta etiquetas en tódalas follas da nosa web: As meta etiquetas deben estar adaptadas a cada páxina, sobre todo a descrición xa que keywords hoxe en día non ten peso na maioría dos buscadores.
7.O contexto: Se queremos saír ben posicionados polas keywords “Coches usados” en vez de repetir nun texto trinta veces “coches usados” facendo que quede completamente ilexible para os usuarios usaremos o contexto para reforzar e enfatizar a nosa keyword principal; “de segunda man”, “seat”, “Concesionarios”, “compraventa”, … A densidade de keyword hoxe en día non é un factor moi importante e caso de abusar intencionadamente podemos chegar a ser penalizados nas pesquisas.
8.Contido de calidade: ¨É mellor escribir un artigo bo ó mes que escribir cinco malos.
9.Centrarse nun tema concreto: As web que son un batiburrillo de temas téñeno peor a hora de posicionarse que aquelas que se centran en algo concreto. Na bolsa so recomendan diversificar os que non teñen nin idea de bolsa!
10.Sitemap: Un mapa do sitio simple e facilmente lexible polos motores de busca sempre axuda a facilitar o traballo de indexación.
11.Enlazar sitios relacionados con pagerank alto: Debemos enlazar webs similares a nosa e que sexan de calidade. Con esto conseguimos dúas cousas: 1). Ofrecer ós nosos visitantes un valor adicional. 2). Tal vez o webmaster do sitio nos devolva o favor se a nosa web lle gusta.
12.Conseguir que a xente enlace os teus artigos ou contido: Ver punto 8.
13.Engadir a web a directorios: Hoxe en día a maioría dos directorios non envían visitantes pero é importante aparecer neles para conseguir enlaces entrantes de calidade que nos axudará a hora de pelexar con Google. Debemos enviar a nosa web a tódolos directorios que poñan enlaces válidos para Google. Ollo cos nofolow…
Technorati Tags: google, posicionamento web, SEO
12 Jun
Estes días estiben a probar unha template (AjaxBerlee) para wordpress moi fermosa, moi moderna, moi AJAX pero moi pouco SEO.
O resultado de usala foi caer en Google dende a primeira páxina no top 10 por moitas buscas a pasar a terceira ou cuarta páxina. Foi cambiar a plantilla e voltar ós primeiros postos anteriores.
11 Jun
Benito Guerreiro é un galego que está a dar tres voltas Galiza en bici de montaña e de paso contar contos a todos os que o queiran escoitar. Hoxe estivo por Meira con algún problemilla técnico na súa bici. Espero que a súa aventura remate con éxito.
Esta é a súa páxina web onde ten o diario de viaxe. Por certo, ten unhas pegatas ben fermosas para promocionar a web
Technorati Tags: a voltas cos contos, Benito Guerreiro
11 Jun
Son cousas do pasado. Atraín visitas con elas en tempos pretéritos. Pode que xa non funcionen. Son técnicas empregadas entre 1999 e 2004 en distintas webs de carácter comercial cando as cousas funcionaban de outra maneira.
1. - Apuntarse a tops: Hoxe non son moi populares pero fai uns anos había milleiros. A cousa é apuntarse a tops pequenos con pouco tráfico para poder aparecer nos primeiros postos sen moito esforzo. Apuntarse a un top con moitas visitas e webs indexadas é unha perda de tempo xa que nin anque enviemos tres trillóns de visitas diarias apareceremos nos primeiros postos. Outro factor é deseñar un banner suxerinte que sempre axuda a pescar incautos.
Se usamos publicidade como adsense ou similar tamén é interesante apuntarse a tops guiris xa que pese a que as visitas non entenderán nin papa sempre poden facer click nalgún anuncio.
2. - Poñer a data da próxima actualización: Poñendo a data na que vamos a actualizar conseguiremos que ese día suban as visitas.
3. - Engadir a nosa páxina web a dmoz.org: Estar incluído en dmoz.org axuda bastante a estar ben posicionado en Google. É bastante importante ser coidadoso co título e a descrición que poñamos en dmoz.org. A parte dmoz.org serve de base de datos a ducias de directorios.
4. - Intercambiar enlaces con páxinas de temáticas similares a nosa: Obvio, pero o egoísmo de moitos webmaster fai que sexan incapaces de ver algo tan claro.
5. - Contido de calidade: A máis importante. Fará que teñamos visitas recorrentes. É tamén a máis difícil.
Hai milleiros de ideas máis pero xa haberá tempo para comentalas.
Technorati Tags: traer visitas
8 Jun

O que está a pasar en Polonia é moi grave. Parece incrible que un país coma Polonia estea a dar os mesmos pasos que réximes non democráticos deron en tempos pasados:
Polonia e os perigosos Teletubbies
Polonia inicia unha caza de bruxas comunistas
Technorati Tags: Polonia
8 Jun
Preguntome por que o concello de A Pastoriza é un dos poucos da provincia que non ten un só curso do Plan FIP 2007,… e mira que temos cursos a porrón. A pregunta, por suposto, é retórica.
Technorati Tags: Plan FIP
8 Jun
Estes días estase a falar moito sobre a proposta de Rajoy de poñerlle letra ó himno español. Supoño que se refería a temas coma estes cando dixo que o Partido Popular “centrábase” nas preocupacións dos cidadáns.
Unha das grandes cousas que ten o himno español é precisamente o feito de non ter letra, fai que cando menos sexa un himno bastante mellor que a maioría dos que pululan por aí. Non se pode esquecer que a case totalidade de himnos nas súas letras recurren a pautas comúns:
1. Un archienemigo: pode ser un estado viciño, a antiga potencia colonial, os comunistas, os liberais, … En fin, alguén a quen botarlle a culpa de todos os males do país.
2. Ensalzamento da violencia: En case tódolos himnos falase de guerras, morte, violencia e demáis chorradas.
3. Apoloxía do patriotismo: Un patriotismo irracional e fanático que ten como culminación dar a vida pola patria. Un gran invento da burguesía para que o proletariado libre as súas guerras crendo que son as deles.
Poucos himnos falan de valores sociais, de fraternidade, de igualdade de dereitos pola sinxela razón de que case na súa totalidade están compostos por burgueses e estómagos agradecidos.
Postos a poñerlle letra ó himno español case sería mellor adoptar como propio o himno francés que é un himno moi fermoso e acojona cantidade antes de empezar os partidos da selección gala.
Technorati Tags: himno español
Nacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.
Para contactar usa o seguinte email: seve [arroba] sevegarcia [punto] net (prometo contestar en canto teña un minuto libre).
Para falar conmigo usando GoogleTalk: ![]()
Para atoparme no Skype: seve_britonia