100% nada no baldeiro sideral
20 Jun
Domingo pola tarde. Rúa da Cruz. Bar Anda. Unha parella cun neno duns catro anos e outro recen nado entran no mencionado bar. A liña que separa un pícaro activo dun sinvergonza mal educado traspasase con facilidade e eu vou ser testemuña en primeira liña. O carallo do pícaro non para de rebulir por todos lados, normal é novo. O camareiro do bar, que os coñece, pregúntalle o neno:
-Alejandro, cómo lle chamas a teu pai?
-Pailán de la Terra Cha-resposta.
Risas no bar. O carallo do pícaro non para quieto e sae para fora do bar con unha tapa de plástico dunha botella de auga e adicase a tirarlla a xente sen que seus pais lle digan nada, será por iso de non reprimir a creatividade do nenos. “Como má tire a min métolle unha hostia que o tronzo” penso. Sei que non son capaz de facelo.
A tapa termina nun letreiro doutro bar, o neno entra no bar e sae o cabo dun instante cun restrelo de praia que tiña no carriño de súa irmá. Agora o fillo de puta lánzao ao aire cando pasa xente tentando que lle dea na cabeza ó persoal. Os pais pese a velo, pasan do tema. Xa se sabe, non hai que coartar a liberdade de expresión infantil.
Os pais están máis interesados en papar tapas e viños mentres falan co camareiro do bar. Entre eles, falan galego. Co camareiro falan galego. Co carallo do rapaz falan castelán. O final doume de conta de que o neno ten razón. Seu pai (e súa nai) é un “pailán de la Terra Cha”.
Nacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.
Para contactar usa o seguinte email: seve [arroba] sevegacia [punto] net (prometo contestar en canto teña un minuto libre).
Algo que comentar?