Supoño que unha persoa que entra na web da Consellería de Traballo anda a procura de emprego. Cona!, iso é do que menos hai nese demo de web. Unhas dez ofertas por semana. Iso é todo o traballo que ofrece Galiza os cidadáns. Manda carallo!

Qué pinta ese flash? Será pra foder ós que non temos ADSL. Non é que sexa moi pesado pero aparte de ocupar espacio que supoño que non son capaces de encher con ofertas de emprego, cál é a función dese flash. Se fora o sitio web de Torrente IV poderíao entender pero na Consellería de Traballo…

Despois, un entra coa esperanza de ver cando escomenza algún curso formativo deses que non serven para nada pero polo menos te entretés e che dan 6 eurillos para a gasofa. Pois nada, merda en bote!, non atopas esa información por ningún lado. Fodete, merca o Progreso para enterarte dos cursos ou reza para que te chamen da oficina de emprego para avisarte, ,,, ja ja ja!

Cando tiña uns 20 anos funme apuntar ó paro, é o que se soe facer cando estás sen traballo é non tes un familiar que te enchufe no Concello ou un amigo rico que te meta na empresa de papa. Estiben durante case un ano, non era moi esixente, valíame calquera cousa. Tamén solicitei cursos relacionados coa informática (parvo de min). Durante ese ano nunca me chamaron para curso ningún nin. De ofertas de emprego xa nin falamos. O final optei polo autoemprego.

A diferencia entre ser empregado dunha empresa e ser autónomo e que o empregado é un escravo do seu xefe e o autónomo é un escravo do estado que che chucha o sangre hasta deixarte seco. Non lle recomendaría a ninguén que se fixera autónomo pese a nova lei que vai aprobar, xornadas de 12 horas, sen vacacións, sen posibilidade de enfermar, sableado por tódolos lados, en fin, unha puta merda.

Retomando o tema da Consellería de Traballo, poste a ler a web; é un ladrillo que está ben para incitar o sono pero que para axudar a xente a buscar traballo como que non serve. Parqué non colgar uns folletos ou artigos sinxelos de como redactar un curriculum, técnicas para afrontar un entrevista de traballo, poñer claramente datas e forma de apuntarse a cursos de formación. Ostia! Por qué non poderse apuntar a un curso de formación cumprimentando un formulario vía web? Non é tan complexo.

A pregunta é: Hai vontade ou non de facer as cousas ben?

Para rematar venme a cabeza ese anuncio da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar (prestase o nome o chiste fácil sobre o benestar dos políticos) para que denunciemos os casos de precariedade laboral. Denunciade vos cabróns! Que para iso vos pagamos os cidadáns. Investigade os casos vós vagos!, que para iso vos pagamos os cidadáns. Coñezo moitos casos de precariedade laboral, pero moitos, soldos de 300 euros o mes, xornada de 60 horas semanais, fabricas de mobles onde nin tan sequera teñen unhas gafas para que os traballadores se poidan protexer os ollos (disto falarei noutra entrada e de como un sindicato en vez de axudar os traballadores era cómplice e como as cabezas visibles do mesmo comían manxares nun coñecido restaurante lucense co patrón da fabrica mentres algún traballador case perdía unha man por falta de equipos mínimos de protección individual como uns simples guantes). Pois ben, non vou denunciar, porque se o fago os meus amigos quedan sen traballo e danme de hostias. Porque entre estar explotados ou durmir baixo unha ponte prefiren estar explotados. Non vou denunciar porque unha vez que se fixo (caso fabrica de mobles) so serviu para que a metade dos traballadores quedaran na rúa e o empresario tan campante gracias en boa medida ós seus amigos sindicalistos. Non vou denunciar por se iso lle supón a unha persoa perder o seu emprego e ter que depender da Consellería de Traballo e as súas dez ofertas semanais para atopar outro vai listo. Finalmente non vou denunciar porque os principais responsables da precariedade laboral son o goberno es as administracións autonómicas con esas políticas deseñadas por imbéciles que o seu único mérito para estar onde están por ser expertos en lamber cus. A modo de anécdota basta con ver cal é o soldo mínimo en España e cal é o soldo mínimo en Francia. Francia: 1.254 Euros; España: 540,90 Euros. Se 540,90 Euros non é precariedade laboral, apaga e vámonos.

Si vou denunciar a precariedade laboral: Denuncio o goberno español e os goberno cómplices autonómicos por establecer o soldo mínimo en 540,90 Euros. Denuncio a Consellería de Traballo por ofertar dez empregos por semana a repartir entre 3 millóns de cidadáns galegos. Denuncio a esta mesma consellería por ofertar cursos formativos obsoletos e completamente inútiles como por exemplo o curso sobre sistemas microinformáticos. Denuncio…


Technorati : , , ,