Pasplj e compañía
A
Lembro dentro da miña infancia e preadolescencia eses duelos deportivos, convertidos co paso do tempo e da crenza, case sempre certa, de que calquera tempo pasado foi mellor, uns tipos moi altos cunha pelota gorda. Lembro o mundial de España 82, a Perico demarrando, a quinta do voitre,… pero sobre todo lembro baloncesto. A voz de Ramón Trecet achegando a NBA nun programa absolutamente diferente a todo o visto por aquel entón. Os partidos da NBA nos primeiros anos da galega os sábados pola maña. A liga ACB, a copa de Europa de clubes… Épicas batallas, máis alá do deportivo, entre as seccións de baloncesto do Real Madrid e o FC Barcelona; Aito vs Lolo, Norris vs Martín. Dous estilos antagónicos. Dúas formas de entender o show. Case sempre gañaba o Barça -ou esa sensación teño na memoria-. A figura de Aito parecía a dun coloso de Rodas invencible -salvo en Europa onde uns tipos vestidos de marelo facían que iso de ser os mellores parecera fácil-. Aito era e segue a ser un tótem do baloncesto, alguén dotado para ver o detalle desequilíbrante onde ninguén máis o pode/ía ver. A finais dos anos 80 tivemos a sorte de ver fronte a fronte as mellores xeracións de xogadores que deu o deporte da canastra. A poderosa URSS comandada por Sabonis, Volkov, Marciulonis, … fronte ao talento en estado puro da nova xeración Iugoslava da man de Petrovic, Kukoc, Radja, Pasplj e Divav que alcanzaría o seu cenit no mundial de Arxentina 90 dobregando aos soviéticos con Pasplj, Kukoc e Petrovic como dominadores. No outro lado do atlántico Jordan, Bird, Magic, Thomas, Mullin, Ewing, Olajuwon, Barkley, ….. Case nada! Nos torneos de clubes, as fulgurantes aparicións de equipos como o Zalguiris de Sabonis, a Cibona de Petrovic e como colofón mesiánico o dominio absolutos durante tres anos da Jugoplastika de Split comandada por Kukoc demostraban que o baloncesto era cousa dos países orientais. A Jugoplastika coroouse como o mellor equipo de baloncesto europeo das últimas décadas facendo un xogo vibrante e desenfadado baseado na calidade individual moi distinto ao que anos despois practicaría o seu entrenador -Bozidar Malkovich- no Limoges para facelo campión. Para ver a calidade que atesouraba esa Jugoplastika só chega con lembrar algún dos seus compoñentes; Kukoc, Radja, Perasovic, Ivanovic, Savic, Naumosky, Tabak, … Como non engancharse a un deporte protagonizado por auténticos artistas e que pese aos seus propios egos entendían que o éxito está no traballo colectivo. O por aquel entón débil baloncesto grego empeza a afrouxar billetes para crear equipos competitivos que se puideran plantar en finais europeas. O Olimpiakos fichaba a Zarco Pasplj. De non ser por Kukoc sería Pasplj o mellor aleiro de Europa sen discusión. Paspalj era un tipo peculiar en todos os aspectos. Fumador empedernido. Tiña unha mecánica de tiro nada ortodoxa pero moi efectiva. Excelso esperto no lanzamento apoiándose na táboa. O seu talento era adornado co mellor primeiro paso ofensivo do continente. Cando iniciaba unha penetración o defensor só podía tentar manter o equilibrio e disfrutar nunha posición privilexiada dunha canastra de fermosa factura rezando para que algún dos pivots fora capaz de frear a Paspjl. A altura de Pasplj -2,06- permitíalle alternar as posicións de aleiro e ala-pivot facendo incluso en ocasións labores de base-aleiro -no que Kukoc e Bird foron os grandes referentes- e o seu gran talento facía que fora o mellor en ámbalas posicións. Durante anos foi Pasplj o propietario do posto de titular na posición de aleiro en Iugoslava por diante de Kukoc. Antes da desmembración de Iugoslavia Pasplj xogaba principalmente de aleiro. Posteriormente baixo a bandeira de Serbia e Montenegro xogou a maioría das veces de ala-pivot. O seu frenético deambular fixo que vestira a camisola de moitos equipos: Destacou sempre pola súa capacidade anotadora sendo máximo anotador da liga Iugoeslava co Partizan na tempada 90-91 nun equipo no que estaba acompañado por talentos como Djordjevic e Danilovic. Pese a non gañar o campionato, as súas grandes actuacións servíronlle para conseguir un contrato no emerxente Olympiakos grego. A súa primeira tempada en Grecia foi brutal. Promediou 33,7 puntos de media por partido levando a un Olympiakos en construción a final na que serían derrotados polo PAOK. A segunda final perdida en dous anos. O ano seguinte cun equipo fortalecido e promediando 25 puntos por partido arrasou en Grecia gañándoo todo pero perdendo a Final Four contra o Limoges de Malkovich ao pisar a liña de banda no ataque decisivo. Agrandábase a maldición de Paspalj. Paspalj era un tirador magnifico de tiros libres ata a tempada 93-94 no que os seus promedios baixaron dun magnífico 86% a menos do 50%. Isto custaríalle a Final Four dese ante onde Olympiakos caía derrotado polo Juventud de Badalona fallando Pasplj dous tiros libres decisivos ao final do partido. A maldición agrandábase. A partir de esa tempada o seu tiro nunca voltaría a ser a arma letal que fora. O ídolo de toda unha afección ficharía en 1994 polo máximo rival e inimigo: Panathinaikos. No Panathinaikos pese a ser a gran estrela e máximo anotador o seu impacto e o seu xogo non foi consistente como nas tempadas anteriores. Unha das últimas aparicións a primeiro nivel de Paspjl foi na Final Four de Zaragoza comandando o equipo verde. Decepcionou. Agrandouse a lenda negra deste gran xogador que viña a dicir que era un xogador que se viña abaixo nos grandes eventos. As súas actuacións no resto dos equipos nos que militou sempre foron consistentes e mellorando as clasificacións dos mesmos. En Paris fixo campión ao Racing por primeira vez en máis de 40 anos. O tabaco tentou matar a Zarco en varias ocasións. No ano 2001 sofre un gravisimo infarto que o ten ao borde da morte. Ese mesmo ano, meses despois, volve a sufrir outro infarto. Viaxeiro incansable
A maldición dos tiros libres
A traizón
Post Panathinaikos
Problemas de saúde







