Posteando en WordPress con vim

Chega un momento en todo friki que ten a necesidade de usar Vim para todo. Entre ese todo está escribir nun blog como unha parte primordial. E aquí estamos, poñendo unhas liñas no blog usando esa maravilla de editor que tanto queren uns e tanto detestan outros.

Para poder usar vim como editor de blogs podemos descargarnos un plugin chamado vimblog ou un fork do anterior. A diferenza entre ámbolos estriba en que o fork permite engadir etiquetas.

A instalación e configuración é moi simple e está ben detallada. O uso, máis simple aínda:

Para recibir os últimos 10 post do noso blog:

 :Blog rp

Para crear un novo post:

 :Blog np

Para publicar o novo post:

:Blog publish

Para gardar o texto como un bosquexo:

:Blog draft

Para que nos mostre unha listaxe coas categorias do noso blog:

:Blog cl

Para borrar un post polo seu id:

:Blog del id