Posteando dende bretoña sobre as cousas que non pasan
25 Ene
Mala é sociedade na que xulgan o corazón e honradez da xente basandose nas apariencias. Mala é a sociedade que asocia probeza aparente con delincuencia segura. Malo é ter que contemplar un abuso de poder que un cría que era exclusivo das películas iankis sobre a américa profunda e non poder facer nada salvo desafogarse con estas liñas.
Malas son as crenzas pre-establecidas nesta sociedade sobre os que son diferentes de pel, idioma, vestimenta ou modo de vida. Esas crenzas basadas no medo e no descoñecemento perxudican a tódalas partes e emprobecemnos moral e socialmente.
Malo é querer buscar delincuentes entre os pobres. Os pobres non son delincuentes, se foran delicuentes non serían pobres: serían políticos.
Nacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.
Para contactar usa o seguinte email: seve [arroba] sevegacia [punto] net (prometo contestar en canto teña un minuto libre).
Para falar conmigo usando GoogleTalk: ![]()
Para atoparme no Skype: seve_britonia
Algo que comentar?