Primeira experiencia con Vista

O

nte tiven a oportunidade de traballar por primeira vez con ordenador con Vista instalado. Foi, como non, facendo de técnico non oficial de Microsoft.

O equipo era un portátil de Packard Bell bastante bonito e bastante grande como para poder chamarse portátil. O primeiro que ves é que o inicio do sistema e lentísimo e tes que armarte de paciencia. É incribel que un sistema operativo vai tan lento nun equipo novo do trinque. Róncalle o nabo!

Unha vez que arrinca, a verdade é que non ves nada de particular con respecto a un XP e incluso quédase algo soso comparado cun Tiger. Mogollón de asistentes pero o que usei non funcionou para desesperación miña. En fin, que tampouco lle din moitas voltas, que era fin de semana e había cousas máis interesantes que facer.

Pero ese jodido Vista vaime dar bastantes dores de cabeza nas próximas semanas ou meses.

Diagnose clara: ese equipo necesita instalar Ubuntu canto antes. Pero… vai ser que non.

Sobre os Packard Bell nunca tiven unha opinión positiva: quedou confirmada. O monitor pareceume do peor e agardo que non dea problemas porque coa fama que ten o servicio técnico desta empresa a cousa pode ser de órdago.

Technorati Tags: , ,

1 Comentario

  1. sarita
    Ago 10, 2008

    sebe?¿? ese e o noso ordenador jeje si o e nn pasa nada

    pro k seipaas k bai bn!!!!!!!!!!jijijijijij:))xdxdxdxdxd