Posteando dende bretoña sobre as cousas que non pasan
12 Jul
Poste a facer unha web por altruismo, por gusto, por pasta ou traballos para a comunidade. Imaxes, xhtml, css, javascript e algo de php se é preciso. Queda máis ou menos decente. Validas o xhtml. Validas o css, Empezas a comprobar como luce en cada navegador:
Opera —> OK
Safari —> OK
Firefox —> OK
Explorer 6 —> …cagonto… un batiburrillo de moito carallo. Empezas a buscar hacks; que se os png transparentes, que se explorer non soporta tal ou cual atributo css, que se… Empezas coas reformas, chapuza por aquí, chapuza por acolá. Ao final, máis ou menos funciona ben en Explorer 6. O precio: máis código, arquivos máis grandes e tempo perdido.
Como exemplo, a última web na que traballei no @pl levou máis tempo adaptala para que funcionara en Explorer 6 que a creación en si da plantilla e con todo na zona de administración aínda quedaban un par de cousas por adaptar que quedaron sen facer por falta de tempo. Co fácil que sería que o encargado de administrar a web usara firefox!
O tema é que como “pringao” oficial e medio entendidillo en ordenadores, en ocasións son chamado por coñecidos para certas chapuzas informáticas chegando a unhas conclusións:
Nacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.
Para contactar usa o seguinte email: seve [arroba] sevegacia [punto] net (prometo contestar en canto teña un minuto libre).
Para falar conmigo usando GoogleTalk: ![]()
Para atoparme no Skype: seve_britonia
3 Respostas para "Puñetero Explorer 6"
Benvido ó club dos imposibles
Pois non sei porqué lle tedes tanta teima. Home, vindo de Moco$oft, non podía se-la oitava marabilla, pero a min (aínda que uso o 7), a verdade é que me vai ben con él.
Iso si, baixei o Firefox 3 e despois de media hora desinstaleino. Que se instala o plug-in desto, que se o do outro… ata que dixen: ” a tomar p…”. E quiteino.
Supoño que vai en gustos. Ou no costume de cada un.
Jejeje, fíxenme máis famoso en dúas horas de cervexas no metBar que en 12 meses no @pl
O malo do Explorer 6 non é ser de microsoft. O malo que é o que menos respeta os estándares e para colmo cousas cruciais, como márxenes, paddings e display’s. O explorer 7 non é moito mellor, pero polo menos hai que tocar menos cousas ca no 6.
Algo que comentar?