É que me troncho! Para que dicir outra cousa; mentres agardo a que os Timofónicos implanten a banda semi ancha por aquí e por acolá. Sen presa rapaces, que máis tardaron os chineses en construír a gran muralla.

Un día vin a un deses técnicos que teñen, estaba a fuchicar na centraliña que está o lado da miña casa:

- Oes, sabes cándo vai estar habilitado o ADSL?
- No – respostou de malas formas; estaba moi atarefado rascándose os cilindros.

Outro día que me acerquei polo concello pregunteille a unha moza das que traballan alí:

- Sabedes cándo vai estar activado o servizo de ADSL?
- ?¿?¿? –Locualo??

 A tía non tiña nin puta idea do que lle estaba a falar, e iso que o concello supostamente foi un dos que se moveu para traernos esa supernovidade de tecnoloxía (a finais dos 90) chamada ADSL ós pobres paletos mononeuronales que so somos necesarios unha vez cada catro anos. Democracia, creo que lle chaman.

A este ritmo cando a compañía de Tele estafas S.A termine e habilite xa haberá tempo que todo o país estará conectado de forma inalámbrica. Que ganas teño de que Vodafone amplíe a súa cobertura 3G para pillarme ese modem que teñen e mandar tarifas, cables e telefónicas a paseo.

Technorati Tags: , , ,