Posteando dende bretoña sobre as cousas que non pasan
28 Nov
É que me troncho! Para que dicir outra cousa; mentres agardo a que os Timofónicos implanten a banda semi ancha por aquí e por acolá. Sen presa rapaces, que máis tardaron os chineses en construír a gran muralla.
Un día vin a un deses técnicos que teñen, estaba a fuchicar na centraliña que está o lado da miña casa:
- Oes, sabes cándo vai estar habilitado o ADSL?
- No – respostou de malas formas; estaba moi atarefado rascándose os cilindros.
Outro día que me acerquei polo concello pregunteille a unha moza das que traballan alí:
- Sabedes cándo vai estar activado o servizo de ADSL?
- ?¿?¿? –Locualo??
A tía non tiña nin puta idea do que lle estaba a falar, e iso que o concello supostamente foi un dos que se moveu para traernos esa supernovidade de tecnoloxía (a finais dos 90) chamada ADSL ós pobres paletos mononeuronales que so somos necesarios unha vez cada catro anos. Democracia, creo que lle chaman.
A este ritmo cando a compañía de Tele estafas S.A termine e habilite xa haberá tempo que todo o país estará conectado de forma inalámbrica. Que ganas teño de que Vodafone amplíe a súa cobertura 3G para pillarme ese modem que teñen e mandar tarifas, cables e telefónicas a paseo.
Technorati Tags: ADSL, timofónica, timo, concello
Nacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.
Para contactar usa o seguinte email: seve [arroba] sevegacia [punto] net (prometo contestar en canto teña un minuto libre).
Para falar conmigo usando GoogleTalk: ![]()
Para atoparme no Skype: seve_britonia
7 Respostas para "Que divertido é navegar a 33.2 kbps!"
Vaia, o de 3G de Vodafone está moi ben, pero as tarifas son de escándalo. O asunto vai por bonos, e o tráfico fóra dos bonos custa unha pasta (coido que anda polos 50 céntimos por cada Mbyte).
A ver se espabilan e poñen unhas tarifas baratas e transparentes (pois mirando a publicidade de Vodafone é case imposible saber o que cobran).
Supoño que un pouco de sana competencia fará que Vodafone baixe os prezos. Co modem usb, por 49 euros ofrecen un xiga de descarga mensual en canto te pasas límitan a descarga a 128 Kbps.
Seve, pero cando pasa a 128 Kbps de velocidade é cando comezan a cobrar a 50 céntimos cada Mbytes, de aí que a oferta sexa mala.
Teñen unha oferta de 3 Gb que resulta máis atractiva, pero segue a ser carísimo.
Non sei, claro que é caro, pero, senón se usa amule/ktorrent nin se vicia un en youtube creo que un xiga é suficiente para moitos usuarios. Eu, de non ser porque non teño cobertura 3g e tampuco teño referencias de que o modem rule en Linux contratabao seguro.
E falo do punto de vista do necesitado, menos mal que temos un servidor montado no CEI para baixar distros e cousiñas
Vendo baixar dous iso de FeeBSD en apenas unha hora case me da un chungo
Na miña casa necesitaria polo menos 15 días (7 horas cada noite).
Con respecto a instalacion do ADSL dos estafadores, e a vergoña de sempre. Como seica xa non e unha empresa pública, dis que non podemos queixarnos…pois todo e relativo, esta recoñecido por outros mamalons que son os que ocupan a posicion dominante de mercado, e esos mesmos mamalons moitas veces obrigan os estafadores a facer cousas.
Co das tarifas 3G….farteime de preguntar e de dar voltas, mesmo no stand de vodafone , pero ali ninguen sabia respostarme a unha pregunta tan sinxela coma:
Podense aplicar as tarifas actuais de datos de 3G a zonas sen coberturas 3G sen que che facturen por tempo?
Por suposto que pode facerse técnicamente, pero polo menos antes, non o querian facer.
Ben, no SIMO ninguen me respostou , pero agora mesmiño falei con alguen que leva o departamento de datos para empresas (non me preguntedes que tiven que facer para chegar ahi) e en principio dixeronme que si, irei a velocidade de gsm, que supoño que seran 3,5 kb/seg, pero si, que e o que queria saber , e non respostas tipo “o 3G vai chegar a mais sitios”, etc, cousas que sabemos que non van pasar nen maña nen o ano que ben .
De ser certo isto.poderia estar moi ben para mirar o correo, ssh, e ata acceder as web. Pero eu sempre me aseguraria antes de chamar.
E si, poderia un contratar iso con movistar , pero non sei eu se eles serian capaces de respostar a unha pregunta tan sinxela: estan todo o dia de discoteca.
Gracias pola info Mariano, eu teño claro que a movistar non lle merco nin un boli…
Estiven de ferias en Bretaña e non lin estes posts ata agora. Por se vos axuda a información, eu teño contratada a tarifa “plana” de Vodafone que inclue 1 Gb ao mes, e non pago por tempo senon por Mb intercambiados (a partir dese Gb).
Na miña zona non hai cobertura 3G, pero con esta velocidade de 58,6 Kb que me da o móbil en Gprs podo enviar e recibir correos (sempre que non se me ocurra abrir os pesados forwards que me manda o meu pai) e navegar e chatear algo. Para baixarme arquivos de imaxe ou son vou á biblioteca municipal que ten WIFI (ainda que tamén ás veces vai lenta de carai).
Seique de aquí a dous anos Timofónica prometeulle ao meu concello instalar ADSL a 200 Kb! Isto é banda larga??????????
Algo que comentar?